independente
(< 1 in- + dependente)
-
adx
-
Aplícase á cousa que non depende doutra.
Ex: Teñen a cociña independente do salón.
-
Aplícase a unha nación ou a un estado que goza de independencia política.
-
-
adx
Que non ten relación ou conexión con outra cousa.
Ex: Fixeron unha avaliación independente da dos demais.
Antónimos: dependente. -
adx
Que pode expresar libremente as súas opinións e actitudes.
Ex: Son persoas libres e independentes.
-
adx
Que non necesita da axuda, compañía ou afecto de ninguén.
Ex: Xa desde pequeno era un rapaz independente.
Antónimos: dependente. -
adx e s
Que ou quen intervén en política sen pertencer a ningún partido.
-
adx
Que é propio da persoa ou cousa independente.
Ex: Ten unha actitude independente.
-
adx
[LING]
Que non depende de ningún outro elemento lingüístico como, por exemplo, a oración principal.
Antónimos: dependente. -
teatro independente
[ESPECT]
Movemento teatral que se desenvolveu en toda España nas décadas de 1960 e 1970, moi vinculado ao teatro universitario, que supoñía unha resposta ao teatro comercial, ancorado nunha estética anticuada e na produción de textos sen ningunha referencia aos diversos conflitos derivados da ditadura política e militar de F. Franco, da ausencia de liberdades e do atraso social, cultural e económico do país. En Galicia, o movemento iniciou a súa andaina a finais da década de 1960 coa creación na Coruña do grupo O Facho, ao que se sumaron durante a década de 1970 colectivos diversos, como Esperpento Teatro Joven, Teatro Circo, Troula, Teatro Antroido, A Farándula ou Histrión 70. O teatro independente, caracterizado pola creación colectiva e por ser itinerante, foi o motor dunha fonda renovación teatral e da promoción de novos autores, directores, actores e escenógrafos, e de colectivos aínda en activo, como Els Joglars, Els Comediants ou La Cuadra.