Independiente, El
Independiente, El
Semanario editado en Lugo a partir de xullo de 1869. Subtitulouse “Periódico liberal” e definiuse como monárquico-democrático e anticarlista. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Antonio Villamarín. Enfrontouse en diversas ocasións ao periódico La Patria.