"Endo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • Apelido utilizado por algúns membros da liñaxe dos Mendoza, aínda que sen chegar a formar unha rama. Entre os seus membros destacaron Andrés Hurtado de Mendoza (?-1561), administrador colonial español e vicerrei de Perú (1555-1561), o seu fillo   García Hurtado de Mendoza (1535-1609), militar e administrador colonial, vicerrei de Perú (1589-1596) e gobernador de Chile (1556-1558) e Diego Hurtado de Mendoza (1503-1575) diplomático, humanista, poeta e militar, posible autor de Lazarillo de Tormes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Alex de la Iglesia, foi director artístico de Todo por la pasta (1991) de Enrique Urbizu. Realizou Mirindas Asesinas (1991), o seu primeiro corto e co que acaparou diversos premios en numerosos festivais, e os filmes Acción Mutante (1992), galardoada no Festival de Cine Fantástico de Montréal e gañadora de tres Premios Goya, El día de la Bestia (1995), que obtivo seis premios Goya e foi galardoada nos festivais de Géradmar e Bruxelas, La Comunidad (2000), que recibiu tres premios Goya, 800 Balas (2002), pola que tamén obtivo un Premio Goya, e Crimen Ferpecto (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director e produtor de cine. Diplomado en Dirección e Produción de Cine, foi membro fundador da Asociación Galega de Guionistas (AGAG). Colaborou na produción e dirección de diversas series de televisión, foi crítico de cine en Radio Voz (1995-2000) e coordinou a dirección da longametraxe de animación en 3D O bosque animado (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ocución de orixe italiana que significa ‘en aumento’.

    2. crescendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (3.102 km2; 424.900 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de atacar e defenderse, no estilo da esgrima, que se practica cun sabre de madeira. A súa práctica, ligada ao entrenamento do guerreiro, está moi difundida no Xapón e introduciuse en Europa (1931) a través de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o kendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Laracha baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endocardite verrugosa que pode afectar a calquera das catro válvulas cardíacas e que se asocia cun lupus eritematoso diseminado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo e arcebispo de Santiago de Compostela (1400-1445). Financiou a construción da igrexa de San Martiño de Noia (1434) e promoveu as obras na capela funeraria da catedral de Santiago de Compostela, coñecida como a Nosa Señora do Perdón ou de don Lope, que deu lugar, no s XVIII, á capela da Comuñón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e estadista, marqués de Santillana e conde del Real de Manzanares, fillo de Diego Hurtado de Mendoza. Combateu a privanza de Álvaro de Luna e mantivo sempre fidelidade a Xoán II. A súa produción poética comprende poemas alegóricos, eruditos e cunha clara influencia italiana, como Comedieta de Ponça e Infierno de enamorados; poemas didáctico-morais, como Diálogo de Bías contra Fortuna, Doctrinal de privados e Proverbios, e tamén os 42 Sonetos fechos al itálico modo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral alemán. Xefe do Estado Maior de Paul von Hindenburg, era partidario da guerra total e desde 1915 compartiu con Hindenburg a dirección dos exércitos alemáns. Solicitou o armisticio o 29 de setembro de 1918, e soubo eludir a responsabilidade e traspasala ao goberno. Nacionalista e racista exaltado, participou no Pronunciamento de Múnic (1923) e apoiou a Hitler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castrelo de Miño baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Johann Paul Ägidius Schwarzendorf.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. remendo.

    2. Rectificación que se fai sobre algo que xa está feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de corpo plano e longo coa aleta pectoral negra, cunhas pintas circulares máis pardas no lombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Mandeo, que nace na parroquia de Foxado (Curtis), baña os concellos de Cesuras, Oza dos Ríos e Coirós, facendo o límite entre os dous últimos, e desemboca na parroquia de Betanzos, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Mera que nace na parroquia de Bacurín e desemboca na de Santalla de Bóveda de Mera, ambas as dúas no concello de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO