Hurtado de Mendoza

Hurtado de Mendoza

Apelido utilizado por algúns membros da liñaxe dos Mendoza, aínda que sen chegar a formar unha rama. Entre os seus membros destacaron Andrés Hurtado de Mendoza (?-1561), administrador colonial español e vicerrei de Perú (1555-1561), o seu fillo   García Hurtado de Mendoza (1535-1609), militar e administrador colonial, vicerrei de Perú (1589-1596) e gobernador de Chile (1556-1558) e Diego Hurtado de Mendoza (1503-1575) diplomático, humanista, poeta e militar, posible autor de Lazarillo de Tormes.

Palabras veciñas

hurrita | Hurt, William | hurta | Hurtado de Mendoza | Hurtado Muñoz, Rosa | Hus, Jan | Husák, Gustav