"Eza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 269.

    1. Calidade de largo.

    2. Calidade de quen é xeneroso.

    3. Situación de quen vive sen apuros económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado ao NL de Bilbao, ao pé das montañas de Aretxabalagana (2.113 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado como un dos principais animadores do mundo literario cubano, fundou as revistas Verbum, Espuela de Plata e Orígenes. Da súa produción destacan as obras poéticas Muerte de Narciso (1937), Enemigo rumor (1941), Aventuras sigilosas (1945), La fijeza (1949), Dador (1960) e Fragmentos a su imán (1977) e en prosa Analecta del reloj (1953), Paradiso (1966) e Cartas (1939-1976) (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de limpar.

    2. Calidade de limpo.

    3. Feito de non ser fillo ou descendente de xudeus, mouriscos ou herexes. Durante o s XV apareceron en España as primeiras regulamentacións en institucións relixiosas ou universitarias, denominadas estatutos de limpeza de sangue, como normas particulares dunha orde determinada ou dunha universidade, que impedían aos conversos e aos seus descendentes ocupar postos e cargos nelas. No s XVI estendéronse polas congregacións e institucións de carácter relixioso, universitario, militar, civil ou gremial. Malia que inicialmente contaron coa oposición dos monarcas e do papado, co paso do tempo a igrexa adoptounos e os reis ditaron normas ao respecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de lindo.

    2. Feito ou dito gracioso ou ocorrente.

    3. Dito ou feito insultante. OBS: Úsase sobre todo en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de lixeiro.

    2. Falta de seguridade ou vontade no que un sente.

    3. Falta de reflexión no que se di ou fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Deza, que nace no monte Caixeira na parroquia de Lebozán e desemboca na de Doade (Lalín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oia baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Maceda. De planta cuadrangular, data cara ao s XII, e está encaixada nunha muralla que aínda presenta restos de dous torreóns redondos, barbacás e un corpo trapezoidal. O acceso era por unha porta en arco e o corpo tiña unha ampla solaina de balaústres e balconada. Foi utilizada basicamente como residencia, e entregada a María Fernández, filla de Tareixa de Portugal e Pedro Froilaz, conde de Traba, polo seu casamento con Xoán Ares de Novoa (s XIII). Na Segunda Guerra Irmandiña (1467), o castelo de Maceda foi asaltado e derrubado en parte por Diego de Lemos, fillo de Afonso López de Lemos. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de magro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de arbustos e plantas silvestres que nacen nun lugar de xeito espontáneo.

    2. Conxunto de malas herbas que nacen nun lugar e que prexudican os cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está afeito a malos costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afacer a alguén a malos costumes.

    2. Afacerse a malos costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Manzaneda. Puido erixirse cara ao s XII e pertenceu aos condes de Lemos. Despois de que fora destruída nas Guerras Irmandiñas, no s XVI recuperou a súa forma. Do conxunto orixinal consérvanse restos da muralla, tamén coñecida como A Cerca e onde destaca o arco da Porta da Vila e parte da torre da homenaxe. A muralla presenta unha anchura media na base de 5 m e na coroación de 2’5 m. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cercio (Lalín). O seu cumio acada os 530 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Desenvolveu a súa actividade no grupo Troula, co que participou en todos os seus espectáculos. Dirixiu a proposta Informe do día despois (1984) e participou en Caderno de Bitácora (1985), produción do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a unha cousa ou a unha persoa menos importancia da que ten.

    2. Tratar de maneira ofensiva ou con desprezo a alguén ou a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Mens (Malpica de Bergantiños). Construída por Lope Sánchez de Ulloa y Moscoso no s XV para defender a comarca de Bergantiños, componse dunha vivenda e tres torres de planta cadrada. Realizouse con cachotaría e cantaría, reservada esta para as partes nobres da construción. O edificio principal presenta planta en forma de L, de dúas alturas, e remata cun torreón de tres. Ademais do balcón de madeira, apoiado sobre ménsulas de pedra nun dos recantos do piso superior, destaca a solaina e as dúas chemineas, que foron restauradas en 1988. En 1872 a casa de Altamira vendeu a propiedade, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de miúdo.

    2. Exactitude e coidado ao facer ou contar algo.

    3. Cousa de pouca importancia.

    4. miudanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO