Maceda, fortaleza de
Maceda, fortaleza de
Construción situada en Maceda. De planta cuadrangular, data cara ao s XII, e está encaixada nunha muralla que aínda presenta restos de dous torreóns redondos, barbacás e un corpo trapezoidal. O acceso era por unha porta en arco e o corpo tiña unha ampla solaina de balaústres e balconada. Foi utilizada basicamente como residencia, e entregada a María Fernández, filla de Tareixa de Portugal e Pedro Froilaz, conde de Traba, polo seu casamento con Xoán Ares de Novoa (s XIII). Na Segunda Guerra Irmandiña (1467), o castelo de Maceda foi asaltado e derrubado en parte por Diego de Lemos, fillo de Afonso López de Lemos. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.