Macedo, José Agostinho

Macedo, José Agostinho

Escritor portugués. Foi membro da Nova Arcádia e mantivo moitas polémicas con Bocage e Almeida Garrett. Influído pola Ilustración, contra a que reacciona a partir da invasión napoleónica, é coñecido sobre todo pola súa prosa xornalística, como Motim literário em forma de solilóquios (1811) e A besta esfolada (1828).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Beja

  • Deceso

    Lugar : Lisboa