"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • PERSOEIRO

    Actor e cantante. Dende 1909 actuou no Folies-Bergère, sala desde a que proxectou a súa carreira internacionalmente. No ámbito musical acadou éxitos como Ma pomme, Valentine ou Louise. Con respecto ao seu labor cinematográfico traballou en Hollywood entre 1928 e 1935, onde participou nas películas The Smiling Lieutenant (O tenente sorrinte, 1931), The Merry Widow (A viúva alegre, 1934), Gigi (1958), Can-can (1959), Fanny (1961) e Jessica (1962), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, litógrafo e ilustrador. Coñecido como Paul Gavarni, traballou nas revistas La Mode, Charivari e L’Illustration. En 1883 fundou o Journal des gents du monde para o que compuxo textos e ilustracións. Publicou as series Les Étudiants (Os Estudiantes, 1838-1840), La prison de Clichy (A prisión de Clichy, 1840), Les lorettes (As damas, 1841), Carnaval (Carnaval, 1841-1843) e os debuxos Masques et visages (Máscaras e rostros, 1851-1858). Durante a súa estancia en Inglaterra (1847-1851) analizou e comparou a vida dos pobres e dos ricos en Gavarni en Londres (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen gusta dos chourizos. Ex: O que menos me gusta é o ceboleiro, pero aínda así son moi chouriceiro.

    2. Persoa que elabora ou vende chourizos. Ex: Encárgolle sempre dúas ducias de chourizos ao chouriceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cianobacterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta formada por unha barra recta e plana de aceiro acabada nun dos seus extremos nun fío ou corte, no sentido do largo, e polo outro en cabeza, na que se golpea cun martelo ou cunha maza para labrar pedra ou metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cicelar.

    2. Acción e efecto de cicelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cicela. Ex: Ese cicelador traballa con moito aquel a pedra de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballar a pedra ou o metal co cicel. Ex: Cicela arreo as lastras no obradoiro e non descansa nin para comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das xencianáceas de ata 12 cm de alto. Presenta follas lineares de ata 6 mm de lonxitude e flores tetrámeras de cor amarela con lóbulos triangulares. En Galicia está presente a especie C. filipormis, en ambientes húmidos e areosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobiliar situada en San Pedro de Cícere. Fundouna o primeiro señor de Cícere, don Gómez da Costa, e a súa dona Leonor Gómez Prego de Montaos. Construído entre os ss XVI-XVII, ten planta rectangular e conserva nas fachadas dous escudos labrados coas armas dos seus propietarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida tipográfica equivalente a 4,52 mm e dividida en doce puntos. Chamada antigamente liña ou lectura, déronlle este nome os impresores franceses Pierre Simon Fournier (1712-1768) e François Ambroise Didot (1730-1804) porque se empregou nunha edición das obras de Cicerón. Nos países anglosaxóns e nos Países Baixos utilízase como unidade o cícero pica, equivalente á sexta parte dunha polgada (4,233 mm) e composta tamén de doce puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente da vila santanderina de Cicero, no concello de Bárcena de Cicero, que tamén emprega a forma Cicerón. En Galicia asentouse no Val Miñor e Tui. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo de ouro, arrimado de dous leóns do mesmo metal, e saíndo da homenaxe, un home armado, de prata, cunha espada na súa man destra e unha rodela na sinistra; en cada unha das torres laterais, un estandarte de prata; bordo de prata, con oito aspas de goles e oito panelas de sinople, alternando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador, escritor, político e filósofo. Nacido nunha familia de cabaleiros (ordo equestre), estudiou filosofía, retórica e leis en Roma, e completou a súa formación en Atenas, Rodas e Asia Menor entre os anos 79 e 77. De regreso a Roma adquiriu sona como avogado. No ano 70 apoiou a causa dos sicilianos contra Verres, antigo pretor da illa. Foi nomeado cuestor no ano 76, edil no 69, pretor urbano no 66 e elixido cónsul no 63. Coa intención de asegurar a orde dentro do Estado, tendeu a unir cabaleiros e senadores (concordia ordinum). O feito máis salientable do seu mandato foi a represión da conxuración de Catilina. Enfrontado con Pompeio, César e Craso, membros do primeiro triunvirato, sufriu o exilio no ano 58 por dar a orde de executar, sen xuízo previo, os cómplices de Catilina. Chamado de novo a Roma no 57, renunciou ao ideal de concordia ordinum polo consensus omnium bonorum, a reunión de todas as forzas vivas do Estado. Despoxado de relevancia política, retirouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que guía os visitantes dunha poboación e lles mostra antigüidades, curiosidades ou detalles pintorescos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cicerón.

    2. Que ten semellanza ao estilo oratorio de Cicerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preceptiva estilística e retórica defendida como modelo compositivo de discurso por Cicerón. A mediados do s I a C, practicábanse en Roma dous estilos oratorios: o estilo asiánico, predominante na primitiva arte oratoria romana, empregado por Hortensio e polo propio Cicerón nos seus comezos, que buscaba impresionar o auditorio mediante a expresión exuberante e conceptuosa; e o estilo aticista, que postulaba a sinxeleza do discurso, e propoñía como modelo a Lisias. Cicerón desmarcouse de ambas as dúas correntes e concibiu unha retórica propia que esixía como ideal oratorio o dominio dos tres xéneros estilísticos: o sinxelo, o moderado e o opulento, adecuados a distintas situacións discursivas. O estilo ciceroniano caracterízase polos períodos amplos onde a secuencia principal se interrompe por continuas subordinacións que incrementan a complexidade do texto. A súa obra teórica, así como a práctica dos seus discursos, tivo enorme influencia na prosa latina posterior...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cigomicetos.

    2. Fungo da clase dos cigomicetos.

    3. Clase de fungos terrestres nos que ten lugar a reprodución sexual por fusión de dous gametanxios que dan lugar a un cigoto, de parede grosa que, cando xermina, orixina o esporanxio. Existen unhas 900 especies pertencentes a tres ordes: as mucorais, as glomais e as entomoftorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cilbicenos.

    2. Individuo do pobo prerromano dos cilbicenos.

    3. Pobo prerromano do grupo tarteso, establecido na costa meridional da Península Ibérica, no territorio da actual provincia de Cádiz. A súa principal cidade chamábase Cilpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tratadista, crítico de arte e político. Iniciou os estudios de arquitectura na Universitat Autònoma de Barcelona (1935) e, exiliado en 1939, estudiou historia da arte en Montpellier e París. En 1941 regresou a Barcelona, onde se doutorou en Historia (1971) e exerceu como catedrático de Historia Xeral da Arte na Universitat de Barcelona (1981). Centrou a súa investigación na análise estrutural da arte. A súa actividade política levouno a ser senador do Partit Socialista de Catalunya (PSC) en 1978, e como membro da Comisión Constitucional do Senado conseguiu a aprobación da enmenda que aboliu a pena de morte. Colaborou en diversas revistas (Ariel, Domus, Art Actuel International) e publicou, entre outras obras, Picasso antes de Picasso (1946), Miró y la imaginación (1946), Tàpies, testimoni del silenci (Tapies, testemuña do silencio, 1970), El arte modernista catalán (1951), El surrealismo (1949), Art i societat...

    VER O DETALLE DO TERMO