"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Crítico, historiador e poeta italiano. Ademais da poesía coas súas obras Versi sciolti (Versos soltos, 1757) e Tragedie (Traxedia, 1771), cultivou a historia literaria e a crítica. En Lettere virgiliane (Letras virxilianas, 1757) atacou a Dante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador da arte italiano. Foi profesor de Historia da Arte Antiga en diversas universidades italianas ata 1965. Como director xeral de antigüidades (1945-1948) levou a cabo a reorganización dos museos italianos e a restauración dos monumentos afectados pola guerra. Dirixiu a Escola Nacional de Arqueoloxía e a publicación colectiva Enciclopedia dell’arte antica, classica e orientale (Enciclopedia da arte antiga, clásica e oriental, 1958-1967). Entre os seus traballos sobresaen: Storicità dell’arte classica (Historicidade da arte clásica, 1943), La fine dell’arte antica (A fin da arte antiga, 1970) e Dall’elenismo al medioevo (Do helenismo ao medievo, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza popular das Antillas, orixinaria da Martinica, de ritmo binario (compás de catro), que se introduciu en Europa a comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á organización familiar estruturada por grupos de parentela que inclúen parentes por liña materna e por liña paterna.

    2. Relativo ou pertencente a dúas liñas ou que contén dúas liñas.

    3. Aplicación f: E 1 ´E 2 →F entre espacios vectoriais, que é lineal respecto a cada unha das variables, é dicir, que satisfai f(ax 1 +y 1 ,x 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(y 1 ,x 2 ) e f(x 1 ,ax 2 +y 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(x 1 ,y 2 ).

    4. Aplicación bilinear f: E 1 ´ E 2 →K dos espacios vectoriais E 1 e E 2 no corpo común de base K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bilirrubina no sangue circulante. Normalmente a bilirrubinemia total oscila entre 0,3 e 1,0 mg/100 ml. Cando a cantidade de bilirrubina sobrepasa os 2 mg/100 ml sobrevén a itericia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura do Chad (46.850 km2; 184.807 h [1993). A capital é Biltine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado na chaira da Litera (8.130 h [1996]). O termo, regado polo canal de Aragón, está dedicado á agricultura de regadío, cereais, hortalizas, froiteiras, algodón e remolacha azucreira. Dispón tamén de gandería bovina, porcina e ovina. O desenvolvemento das industrias transformadoras (fariñeiras, algodoeiras, alimentarias, etc), favoreceu o crecemento da poboación, que se quintuplicou durante o s XX, recibindo nos sesenta e setenta unha intensa corrente inmigratoria. A súa situación, próxima ao núcleo urbano de Lleida, permitiulle converterse nun importante mercado comarcal. No transcurso da Guerra dels Segadors (1642), a vila foi destruída e despoboada. Con posterioridade, en 1652, foi repoboada con colonos aragoneses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e pedagogo. Doutorouse en Ciencias Naturais na Universidade da Sorbonne (1891) e pasou a ser colaborador de Charcot na Salpêtrière. En 1894 foi nomeado director do laboratorio de psicofisioloxía da Sorbonne e no 1895 fundou o Année psychologique. Encargado polo ministerio de Educación de crear un método para determinar o nivel de deficiencia dos nenos atrasados, elaborou o Échelle métrique de l’intelligence (Escala métrica da intelixencia, 1905 e 1908), coñecida co nome de escala de Binet-Simon, na que foi aplicada por vez primeira a noción de idade mental. Os seus traballos sobre a medición da intelixencia contribuíron á creación das modernas técnicas do test. Considérase o creador da Psicoloxía Experimental francesa e da Psicoloxía Aplicada. Entre os seus traballos destacan: Études de psychologie expérimentale (Estudios de psicoloxía experimental, 1889), Les altérations de la personnalité (As alteracións da personalidade, 1892), Étude...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresións que dan a velocidade e a aceleración dun obxecto puntual P sometido a unha forza central con orixe nun punto O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo. Membro da Académie des Sciences dende 1843, estudiou temas de Mecánica (cinemática e mecánica racional), Matemáticas (teoría dos números, análise, xeometría diferencial, cálculo matricial) e Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica obxectiva de medición do rendemento intelectual que consiste nun conxunto de tests clasificados en grupos progresivamente máis difíciles de resolver e adaptados á capacidade normal dos individuos a diversas idades. Elaborada (1905) e revisada (1909) por A. Binet e T. Simon, expresaba os resultados exclusivamente en idade mental. W. L. Stern (1912) achegoulle o concepto de cociente intelectual e L. M. Terman (1917-1937) e R. Zazzo (1966) completárona. Foi o primeiro test do desenvolvemento da intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do desenvolvemento dos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecta. A súa obra destaca pola posta en valor dos espacios ordenados e polo emprego do oco nos muros exteriores. Obras súas son a casa de Vilar das Tres, no Carballiño (1974), e a rehabilitación da Casa da Cultura de Carballiño (1980-1983), realizado xunto a Alfredo Freixedo Alemparte e Fernando Blanco Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘pratería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘pratear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘prateiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Catedrático de Historia Antiga da Universidad Complutense de Madrid. É autor de numerosos traballos e libros sobre as épocas prerromana e romana da Península Ibérica. Entre os seus libros cómpre salientar os seguintes: Religiones primitivas de Hispania (1961), Tartesos y los orígenes de la colonización fenicia en Occidente (1968), La romanización (1974) e Historia económica de la Hispania romana (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Escribiu a súa tese de Dereito titulada L’emploi des loisirs ouvriers et l’education populaire (O emprego dos traballadores do ocio e a educación popular, 1935). Exerceu diversos cargos dentro da administración civil. Intentou definir unha nova empresa adaptada ás transformacións recentes experimentadas pola economía neocapitalista, na que os sindicatos, por medio da participación, deixarían de ser órganos de defensa dos intereses de clase para converterse no vehículo de integración no sistema. As súas obras máis importantes son: Pour une réforme de l’entreprise (Para unha reforma da empresa, 1963) e A la recherche d’une économie concertée (Á busca dunha economía concertada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formou parte do grupo Nova Dereita da narrativa francesa coas súas novelas L’Europe buissonnière (A Europa de monte, 1949), Les enfants du Bon Dieu (Os nenos do Bo Deus, 1952) e L’humeur vagabonde (O humor vagabundo, 1955), Un singe en hiver (Un mono en inverno, 1959), Monsieur Jadis (Señor Jadis, 1970) e os relatos de Quat’ saisons (1975) reflicten o seu espírito bohemio. Cultivou tamén o ensaio coa obra Certificats d’études (Certificados de estudios, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de medidas tomadas por Napoleón I para pecharlle ao Reino Unido todos os portos do continente. O decreto de Berlín de 1806 prohibía todo comercio ou correspondencia coas Illas Británicas. Gran Bretaña compensou a perda do mercado europeo intensificando o seu comercio coas colonias españolas de América. Europa padeceu as consecuencias do bloqueo, reflectidas nunha baixa do comercio colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO