"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Doutrina relixiosa que recibe o nome por referencia a Ario, presbítero de Alexandría excomungado xunto cos seus seguidores polo Patriarca Alexandre entre os anos 318 e 319. O principio fundamental do Arianismo era a afirmación da unicidade e da transcendencia de Deus. O conflito que entrañaban as predicións de Ario radicaba no modo en que configuraba as relacións entre Deus e o seu Fillo, o Verbo feito home; segundo os arianistas, o Fillo de Deus non gozaba da mesma esencia do Pai, senón que se trataba dunha divindade subordinada, enxendrada como mortal. Deste xeito, o Fillo de Deus non é igual ou consubstancial ao Pai, senón semellante a El. Esta doutrina espallouse máis en Oriente ca en Occidente. Atanasio de Alexandría, que atacou o Arianismo, argumentaba que destruía a Doutrina Cristiá sobre Deus, porque supoñía que a Trindade non era eterna. O Arianismo foi heretizado no Concilio de Nicea (325), que estableceu o Credo, onde se afirma que o Fillo é “concibido, non feito” e consubstancial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modo de proceder do arribista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica causada polo arsénico ou polos seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na psicoloxía de Piaget, estado mental do neno que cre que todos os obxectos e fenómenos exteriores son obra do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo impropio, actualmente en desuso, que se empregaba para designar unha predisposición do organismo a sufrir certas afeccións de etioloxía escura e evolución longa, como a obesidade, a diabete, a gota, a asma, os cólicos hepáticos e nefríticos, as migrañas, eccemas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xiro ou modo de falar propio dos arxentinos, americanismo da Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación patolóxica de sales de prata nos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esaxeración da ascética que tende a menosprezar as cousas materiais e a sobreestimar o valor da renuncia, interior e exterior, e a mortificación voluntaria.

    2. Conxunto de prácticas que teñen como fin a creación dunha conduta que conduza o home cara á perfección e á santidade do espírito.

    3. Xeito de vida que se fundamenta na austeridade e que quere alcanzar un fin superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esforzo constante e sistemático por conseguir a perfección ética ou relixiosa por medio da represión dos vicios, renuncias voluntarias de praceres lícitos e, mesmo, a imposición voluntaria de mortificacións corporais por medio do exercicio das virtudes, a pregaria e o recollemento interior. O termo grego, άσκησις que orixinariamente significaba exercicio e entrenamento co fin de conseguir forza física e dominio nos xogos atléticos, pasou a ser empregada polos filósofos estoicos no sentido de práctica da disciplina moral ou do esforzo de liberación de todo ligamento terrenal para conseguir a apátheia ou imperturbabilidade propia dos sabios. Practicada na maioría das relixións, deu lugar a estilos de vida específicos (monxes budistas, esenios xudeus, devotos hindús, terapeutas exipcios, eremitas ou monxes cristiáns, etc). Malia as coincidencias, a significación das prácticas ascéticas nas diversas relixións é a miúdo distinta en cada unha delas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia que pretende outorgar á asemblea poderes decisorios.

    2. Esaxeración no número e duración das asembleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo literario ou artístico propio de autores gregos ou latinos clásicos, oposto ao aticismo, caracterizado pola exuberancia, a complicación e abuso de artificiosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Política encamiñada a asimilar a maneira de ser dun pobo, dunha colectividade, etc, á maneira de ser doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de asíncrono.

    2. Quebrantamento da correspondencia lóxica das imaxes cos sons que as acompañan. A súa utilización estética veu adquirir unha considerable importancia expresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos puntos ou áreas da terra onde non se producen terremotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de fenómenos sísmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O asociacionismo vai unido a diversos procesos de cambio social, tanto na finalidade dos grupos como no seu funcionamento e distintas formas de organización. O asociacionismo galego, como conxunto de relacións sociais derivadas da adscrición e pertenza a grupos sociais, está afectado por procesos de urbanización, de comunicación, de infraestrutura económica e das condicións políticas e culturais que afectan á vida social. Existe unha relación bidireccional, xa que as circunstancias tecnolóxicas, culturais, políticas, económicas, etc, impregnan as condicións que retraen ou impulsan a formación dos conxuntos de asociacións e, así mesmo, eses movementos asociativos rematan por impulsar, estimular ou retraer a acción destes axentes. En sentido extensivo, o asociacionismo ou polisinodia galega, inclúe todos os grupos que, como tales, máis que como acción individual con personalidade propia exercen a actividade pública. Os grupos políticos, sindicais, profesionais, colexiados, cooperativistas...

    2. Teoría psicolóxica e filosófica segundo a cal as sensacións constitúen os elementos orixinarios da consciencia, das que derivan, grazas ás súas combinacións, todas as outras actividades psicolóxicas (imaxinación, memoria, pensamento, sentimento). D. Hume e D. Harley son considerados os seus fundadores. Constitúe o primeiro intento por establecer unha psicoloxía científica e obxectiva, e inflúe profundamente nas teorías clásicas da aprendizaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de segregación ou de emisión seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en dirixir unha loanza baixo a forma dun vituperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de estrelas próximas.

    2. Fenómeno óptico que consiste na aparición de imaxes asteriformes ou asterias en certos cristais (micas, zafiros, etc) expostos a unha luz moi intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración da refracción do ollo, como consecuencia de que as distancias focais dos diferentes meridianos do globo ocular, principalmente os da curvatura córnea, non son iguais.

    2. Aberración dun sistema óptico que consiste no feito de que a imaxe dun punto obxecto non é un punto senón dúas rectas (rectas focais de Sturm), perpendiculares entre si. Preséntase tanto en sistemas de revolución como noutros sistemas (lentes cilíndricas e tóricas, ou o ollo astigmático). A causa desta aberración consiste en que a superficie da onda emerxente do sistema óptico non é esférica, senón que ten dous centros de curvatura.

    VER O DETALLE DO TERMO