"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
-
Acción de contemplar.
-
Atención con respecto a unha persoa ou a unha cousa por mor da súa importancia. OBS: Normalmente, emprégase en plural.
-
Estado espiritual que comporta unha experiencia peculiar de sensacións, que ordinariamente quedan fóra do alcance da consciencia, e unha unión inmediata con elas que fai que sigan parecendo como eminentemente reais. As condicións que posibilitan a contemplación son a reflexión, a meditación e un certo esforzo ascético. É unha práctica presente nas grandes relixións dende épocas antigas: no brahmanismo, a ascética física e mental (ioga) e a contemplación mística (bhakti) son dous camiños para acadar a liberación (moksa); no budismo, a contemplación serve para acadar o nirvana; e no taoísmo, o obxecto da contemplación é configurar imaxinativamente as realidades divinas que habitan o propio corpo, que se prepara así para acadar a supervivencia. Na Biblia, a contemplación cara a cara con Deus é o anhelo máis radical do crente, que non pode cumprirse sen que este morra. O achegamento do home a Deus prodúcese, polo tanto, en virtude da iniciativa divina, mediante...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situar unha peza de madeira enriba doutra de xeito que queden cruzadas as súas fibras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liña defensiva construída diante das posicións dun exército invasor.
-
-
Relativo ou pertencente ás convolvuláceas.
-
Planta da familia das convolvuláceas.
-
Familia de árbustos, árbores e herbáceas da orde das solanais que comprende 50 xéneros con 1.800 especies, de distribución principalmente tropical e subtropical, como as patacas doces e as correolas.
-
-
-
Transformación dun líquido en sólido como consecuencia da diminución da temperatura.
-
Proceso de conservación de alimentos co que se consegue a inhibición do desenvolvemento microbiano e das reaccións enzimáticas e químicas con temperaturas de -18°C ou inferiores. Os produtos alimentarios conteñen unha gran cantidade de auga e cantidades variables de substancias inorgánicas e orgánicas en solución, e de moléculas máis complexas en suspensión coloidal, de xeito que a temperatura de conxelación varía en función da súa composición. A velocidade do proceso debe ser moi rápida para evitar a formación de cristais grandes que lesionen as paredes celulares, modifiquen a textura do produto e a desnaturalización das proteínas. A conxelación por aire arrefriado é o método máis antigo e comezou a empregarse en 1861. Unha mellora destacable foi a conxelación por aire en movemento. Posteriormente, utilizouse a conxelación por contacto indirecto cun fluído refrixerante. O avance máis moderno en conxelación consiste na inmersión directa do produto, envasado ou non, no líquido refrixerante....
-
Proceso e técnicas de conservación de células e tecidos orgánicos, propios da criobioloxía.
-
Lesión producida pola acción do frío sobre o organismo. Está favorecida por causas de tipo ambiental, como a neve, o vento ou a humidade, ou orgánicas, como o etilismo agudo, a desnutrición ou o choque. A acción do frío intenso pode orixinar lesións locais ou ben un cadro de hipotermia, denominado síndrome xeral de conxelación. As lesións locais pódense clasificar en conxelacións de primeiro grao, caracterizadas por unha vasoconstrición sen dor seguida dunha vasodilatación con proído; de segundo grao, caracterizadas pola formación de vexigas e edemas; e de terceiro grao, caracterizadas pola aparición de gangrena como consecuencia dunha parálise vascular persistente e dun estancamento do sangue. A síndrome xeral de conxelación presenta síntomas como a adinamia, a somnolencia, a bradicardia ou o estupor, e pode chegar a provocar a morte do enfermo.
-
Medida conxuntural de política económica decretada oficialmente para combater tendencias fortemente inflacionistas. Consiste en equilibrar de novo a relación aforro-investimento para promover unha política de austeridade e conseguir un incremento na produtividade. A conxelación salarial concrétase en porcentaxes máximas de aumento, decretadas oficialmente para un período determinado. Consiste en manter inalterable o custo de determinados produtos e prohibir a súa suba, como, por exemplo, manter os prezos dos alugueres. Esta medida debe acompañarse dun intervencionismo do Estado e vai á par dunha moderación no Índice de Prezos ao Consumo (IPC). A conxelación de créditos, realizada a través do Banco Central ou cunha actuación directa sobre os bancos particulares, fixa o tipo de interese e os volumes máximos de crédito.
-
Procedemento fotográfico que consiste en seleccionar unha velocidade de obturación alta para que os suxeitos que se movan rapidamente aparezan na imaxe en posición estática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separación dos metais nobres que contén unha aliaxe, por oxidación cunha corrente de aire que pasa pola masa metálica fundida e precipita os metais non nobres en forma de óxido. Este proceso efectúase en fornos de reverberación e emprégase principalmente no tratamento do chumbo arxentífero.
-
-
Acto no que ten lugar a cópula.
-
Reacción de substitución aromática por un sal de diazonio como axente electrofílico na que se obtén un composto azo. Emprégase na síntese de colorantes de tipo azo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de palacios situados ás beiras da Gran Canle de Venecia. Está formado polo palacio Corner della Ca Grande (1530?), obra de Sansovino; o palacio Corner-Spinelli (1500), atribuído a Muro Coduci; o palacio Corner-Mocenigo (1543), obra de Sanmicheli; e o palacio Corner della Regina (1724), de Domenico Rossi.
-
-
Relación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.
-
Grao de interdependencia entre diversas variables, isto é, entre diferentes conxuntos de números. Se os valores das diferentes variables satisfán exactamente unha ecuación, dise que hai unha correlación perfecta entre elas. Fálase de correlación simple e de correlación múltiple dependendo de se o número de variables é igual ou superior a dous. Os valores das variables represéntanse no chamado diagrama de dispersión. Se todos os puntos do diagrama parecen encontrarse aproximadamente sobre unha recta, dise que a correlación é lineal; cando os puntos describen unha certa aproximación a unha curva, fálase de correlación non lineal. Dadas dúas variables aleatorias X e Y, dise que hai unha correlación directa ou positiva se Y tende a aumentar ou a diminuír conxuntamente con X; pola contra, se Y tende a diminuír cando X se incrementa, ou á inversa, hai unha correlación inversa...
-
-
Fenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente. Trátase, pois, dunha relación xeneralizada, na que os seus membros se coñecen como correlativos. Entre as correlacións máis frecuentes hai que mencionar a melódica, onde cada fonema ocupa un lugar, segundo os valores dos seus trazos tonais, que cambian ao longo da súa duración; a correlación de timbre, que afecta á localización acústica dos fonemas vocálicos; a correlación de cantidade, por oposición de duración longa e duración breve; a correlación de nasalidade, fundamentada na ausencia ou na presenza de resonancias nasais; a correlación vocal ou de sonoridade, por oposición de sons con vibracións vocais ou sen estas vibracións; a correlación tónica, mediante a oposición de fonemas tónicos e fonemas átonos segundo a distribución da intensidade acústica, que permiten diferenciar, por exemplo,...
-
correlación gramatical
Interrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro, e os dous denomínanse correlativos. Así, na expresión Tan pronto ri como chora, as formas tan pronto e como son correlativas, de xeito que unha supón a outra.
-
-
Figura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar. Dámaso Alonso distinguiu a correlación reiterativa, na que os distintos conxuntos de elementos que integran o texto teñen o mesmo contido conceptual; a correlación progresiva, na que existe un avance no contido dos conxuntos; e a correlación recolectiva, que implica unha recompilación final dos elementos dispersos no texto.
-
Relación equivalente entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.
-
-
-
de correlacionar.
-
Aplícase ao fenómeno estatístico que consiste en que as series de observacións que o conforman presentan un coeficiente de correlación coas doutro.
-
Integrante dunha correlación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha correlación.
-
-
Poñer en relación dúas ou máis cousas.
-
Establecer a correlación que existe entre dúas series estatísticas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificación situada en Roma, foi orixinariamente o palacio Riario. No 1736 adquiriuno o cardeal Neri Corsini e transformouno segundo as trazas ditadas por Ferdinando Fuga. En 1833 pasou a pertencer ao goberno italiano. Foi residencia da Raíña Cristina de Suecia. O interior destaca pola súa sobriedade mentres que o exterior descobre a escenografía barroca. O legado de Tommaso Corsini foi o núcleo que formou a Galleria Nazionale d’Arte Antica, situada entre este palacio e o palacio Barberini. É sede da Accademia Nazionale dei Lincei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de abrandamento dos ósos do cranio.
-
-
Relativo ou pertencente ás crasuláceas.
-
Planta da familia das crasuláceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou lianas da orde das rosais que comprende unhas 900 especies reunidas nuns 25 xéneros, de distribución case cosmopolita. Adoitan presentar adaptacións á sequidade, como talos e follas suculentos e unha forma particular de asimilación do carbono (plantas tipo CAM). De representación particularmente importante en África do Sur, moitas teñen interese como ornamentais, como as dos xéneros Crassula ou Kalanchoe. Entre os xéneros presentes en Europa, os máis representativos son Umbilicus, Sedum e Sempervivum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dobramento na escala centimétrica (microdobramento) que presentan algunhas rochas. Pode afectar a rochas previamente indeformadas que serán finalmente laminadas (lousas e xistos) ou ben a rochas que xa presentaban unha xistosidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio construído por sir Joseph Paxton (1801-1865) no Hyde Park de Londres para a Exposición Universal de 1851. Realizado en ferro e cristal, foi o primeiro construído con elementos prefabricados que podían ser instalados sobre o terreo. Trala exposición trasladouse a Sydenham Hill onde permaneceu ata 1936, data na que sufriu un incendio que o destruíu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cuadricular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Vietnam (19.800 km2; 1.173.300 [estim 1993]). A capital é Buon Me Thuot (282.095 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de deambular.