"Lacio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 275.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á inflación.
-
-
Acción e efecto de inhalar.
-
Substancia ou vaporización que se emprega nas inhalacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de inmolar ou inmolarse.
-
-
Acción e efecto de inocular.
-
Adición ao metal líquido de substancias que actúen como núcleos de cristalización e modifiquen así a microestrutura cristalina e as propiedades físicas e mecánicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de elección aplicado nas corporacións públicas da Coroa de Aragón no s XV e que estivo vixente ata a promulgación dos Decretos de Nueva Planta (s XVIII), que consistía en introducir nun saco ou bolsa os nomes dos candidatos propostos polo rei, dos que un neno de dous anos elixía un ao azar.
-
-
Exposición aos raios do sol.
-
-
Intervalo de tempo, nun período de tempo determinado, no que brilla o Sol.
-
insolación relativa
Relación entre o número de horas que brilla o Sol, nun período de tempo determinado, e o número de horas que o Sol está sobre o horizonte no mesmo período.
-
-
Enfermidade que consiste en alta febre, cefaleas, vertixes, delirios e coma, causada por unha exposición excesiva aos raios do sol.
-
-
-
Acción de instalar ou instalarse.
-
Conxunto de equipamentos propios dun servicio. OBS: Con este significado adoita empregarse en plural.
-
Termo cuñado na década de 1970 para designar o enviroment, assemblage, ready made e happening, construído especificamente para un determinado espazo coa finalidade de que o espectador se involucre con el.
-
-
Colocación e montaxe dun conxunto de aparatos, de conducións ou accesorios, para un uso ou un servicio.
-
Aparato, de condución, instalados.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de instilar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de insuflar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de intercalar ou intercalarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modulación producida entre dúas ondas complexas por efecto dun transdutor non lineal no que se producen outras ondas de frecuencia igual á suma e ás diferencias das frecuencias iniciais, correspondentes aos fundamentais e aos harmónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de interpelar.
-
-
Acción e efecto de interpolar.
-
Transplante cirúrxico dun tecido.
-
-
Alteración dun texto. Frecuente nos clásicos, a interpolación débese á tendencia dos escribáns a facilitar a claridade do autor.
-
Palabra interpolada no texto. Nas crónicas medievais a presenza de interpolacións débese ao desexo de engadir datos considerados interesantes ou pertinentes.
-
-
Termo da glosemática que indica un engadido calquera a un texto. Carece, sen embargo, do carácter obrigatorio da catálise. Por exemplo, no texto comer lentellas, pódense realizar moitas interpolacións: quero comer ovos ou comer ovos e patacas.
-
Procedemento en que dados os n valores y 1 , y 2 ,..., y i ,..., y n dunha función y = g(x) nos puntos x 1 , x 2 ,..., x i ,..., x n , permite calcular, aproximadamente, os valores de g(x) en puntos intermedios aos dados. Unha primeira aproximación constitúea a interpolación lineal, que consiste en supor que, entre cada dous puntos consecutivos dos dados, f(x) sexa un segmento de recta. Destacan a interpolación de Lagrange e a interpolación de Newton.
-
-
-
Acción e efecto de intitular ou intitularse.
-
Fórmula do documento na que se expresa o nome do autor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política que propugna a non-intervención dun país en asuntos internacionais.
-
-
Relativo ou pertencente ao isolacionismo.
-
Partidario do isolacionismo.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Italia central, situada no contorno de Roma, que comprende as provincias de Frosinone, Latina, Rieti, Roma e Viterbo (17.207 km2; 4.976.184 h [2001]). A súa capital é Roma. Esténdese entre Toscana e Umbria ao N, Campania ao S, os Apeninos ao L, e o Mar Tirreno ao O. A parte occidental é unha chaira costeira, centrada na Campagna Romana, mentres que a parte oriental é montañosa, cos montes Reatini (Terminilo, 2.213 m altitude) e Simbruini, con relevos calcarios atravesados polo val do Velio. No NO e SL de Roma alíñanse grupos de antigos volcáns (Volsini, Cimino, Sabatini, Albani e Nemi) con algúns lagos. A agricultura desenvólvese nas chairas (Maregma, Campagna Romana e Agro Pontino), con cultivos de trigo, millo, legumes e froita e explotación gandeira nas terras baixas e oliveiras e viñedos nas vertentes (Frascati e Albani). A industria concéntrase en Roma, centro terciario, administrativo e político e primeira área turística de Italia, á que se unen...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Defecto de dicción que consiste na pronuncia incorrecta do l, transformándoo nun ll ou na pronuncia do r como un l.
-
-
Acción de lexislar.
-
-
Conxunto de leis que regulan a vida xurídica dunha comunidade. En rigor e historicamente, só cabe empregar esta expresión naquelas sociedades en que as normas escritas, revestidas de carácter xeral e superiores a calquera outra norma xurídica, son ditadas por institucións especializadas. En sentido lato, e a pesar de que deriva do termo lei, non se refire en exclusiva ás leis elaboradas por un parlamento, senón que se inclúen tamén normas ditadas por autoridades executivas e administrativas (lexislación delegada, decretos e regulamentos) ou mesmo para referirse a normas emanadas de entidades non estatais (por exemplo, lexislación internacional ou eclesiástica).
-
Conxunto de normas positivas escritas dun estado ou relativas a un determinado ámbito material, civil, penal ou laboral, que regula unha rama determinada da actividade dunha comunidade.
-
lexislación aduaneira
Conxunto de disposicións legais, regulamentarias e administrativas que a aduana está expresamente encargada de aplicar en virtude das atribucións que lle foron outorgadas por lei.
-
lexislación alimentaria
Conxunto de disposicións para evitar e sancionar as infraccións económicas ou hixiénico-sanitarias en alimentos.
-
lexislación social
Conxunto de normas de carácter estatal ou sectorial para tutelar a integridade dos dereitos adquiridos dos traballadores e para promover o seu desenvolvemento económico e social. A nivel internacional está a instancias da Organización Internacional do Traballo. Comprende a seguridade social, a normativa administrativa do traballo e a asistencia social.
-
-
Ciencia das leis e dos códigos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción barroca situada en Lugo, que pertenceu aos Lemos e Osorio. Construíuse entre 1478 e 1480, e reformouse durante o bispado de Caietano Gil Taboada (1735-1745). Destaca o patio interior de planta cadrada e a fachada principal, decorada co brasón do bispo. Sobre o tellado destaca un frontón, de época anterior, composto por un balcón cos escudos dos Lemos e Osorio e os Reis Católicos.