Lugo, palacio episcopal de

Lugo, palacio episcopal de

Construción barroca situada en Lugo, que pertenceu aos Lemos e Osorio. Construíuse entre 1478 e 1480, e reformouse durante o bispado de Caietano Gil Taboada (1735-1745). Destaca o patio interior de planta cadrada e a fachada principal, decorada co brasón do bispo. Sobre o tellado destaca un frontón, de época anterior, composto por un balcón cos escudos dos Lemos e Osorio e os Reis Católicos.