Lugo, Concilio de
Lugo, Concilio de
Reunión da Igrexa Católica celebrada en Lugo entre 564 e 569 por orde do Rei Teodomiro trala conversión dos suevos ao catolicismo. Entre as súas decisións destaca a petición da creación dunha nova sé metropolitana en Lugo. A veracidade da súa celebración suscitou unha controversia historiográfica, pois existen versións contraditorias sobre o sentido das súas conclusións, a data de celebración e o número de convocatorias conciliares desenvolvidas.