Lugo, San Domingos de ou igrexa das Agostiñas
Lugo, San Domingos de ou igrexa das Agostiñas
Antigo convento dominicano situado en Lugo. Fundado no derradeiro terzo do s XIII, aínda que a construción da igrexa se iniciou en 1303. En 1840 instaláronse as Agostiñas. A igrexa é gótica de planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas. A nave ten cinco tramos e reformouse no s XVII. Destaca a cúpula peraltada da sancristía. En 1642 construíuse o claustro en estilo barroco.