"Māra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
-
Relativo ou pertencente ao marathi.
-
Lingua do phylum indoeuropeo do grupo indoario (subgrupo occidental), que se fala no S e no L de Bombai e que presenta variantes dialectais como o becarī, deshī, varhādī, nāgpuri e sangameṣvari. No s XII adquiriu categoría literaria cos comentarios do Bhagavad-Gitā de Jnāndev. A poesía relixiosa de Namdev (s XIV), Eknāth (s XVI) e Tukārām (s XVII) fomentou a consciencia da unidade nacional. A literatura moderna está representada en todos os xéneros, con autores como Tilak, Apte, Ketkar, Joshī e Gokhale.
-
-
-
Proba deportiva de resistencia de 42,195 km. Organizouse por primeira vez en 1896 en memoria do soldado grego Filípides, que morrera despois de anunciar a vitoria de Milcíades na Batalla de Maratón.
-
Competición deportiva de intensidade agotadora pola súa longa duración.
-
Actividade que require un grande esforzo e que ten unha longa duración.
-
-
CIDADES
Cidade da antiga Grecia, situada na costa L de Ática, ao NL de Atenas. Está localizada nunha chaira rodeada de outeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada na chaira de Maratón, no démoi da costa NL da Ática, en setembro de 490 a C. Os persas, que desexaban castigar os atenienses polo seu apoio á rebelión das cidades xónicas, desembarcaron na zona norte da chaira. Os seus opoñentes atenienses atacáronos sen agardar polos reforzos espartanos e obrigáronos a embarcar.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao maratón.
-
Que esixe moita intensidade ou require moita duración.
-
-
Persoa que corre maratóns.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Influído polo decorativismo dos Carracci, foi un dos principais decoradores da escola romana. As súas composicións relixiosas influíron nos seus contemporáneos. Decorou en Roma as igrexas do Gesù, Santa Maria del Popolo, Santa Maria degli Angeli e Santa Maria della Pace.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás marattiáceas.
-
Fento da familia das marattiáceas
-
Familia de fentos, única representante da orde das marattiais.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás marattiais.
-
Fento da orde das marattiais.
-
Orde de fentos robustos ou arborescentes, da clase das marattiópsidas, que presentan follas grandes e moi divididas e de esporofilos cos soros na cara inferior, preto da marxe. Comprenden unhas 80 especies tropicais.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás marattiópsidas.
-
Fento da clase marattiópsida.
-
Clase de fentos que presentan os esporanxios na cara abaxial das frondes e os seus talos están cubertos de mucilaxe. Esta clase inclúe a orde das marattiais, sendo o representante máis estendido o xénero Marattia.
-
-
PERSOEIRO
Político e sociólogo, fillo de Josep Antoni Maravall i Casesnoves. Militante do PSOE desde 1979, como ministro de Educación e Ciencia (1982-1988) elaborou a Lei de Reforma Universitaria (LRU). Escribiu El desarrollo económico y la clase obrera (1970), La política de la Transición (1981), La Reforma de la Enseñanza (1985) e Políticas de bienestar y desempleo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Escribiu numerosas obras de interpretación histórica como Teoría del estado en España durante el siglo XVIII (1944), El concepto de España en la Edad Media (1955), Teoría del saber histórico (1958), Las comunidades de Castilla, una primera revolución moderna (1963) e Estado moderno y mentalidad social (1972). Foi membro da Academia de Historia de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
maravallada.
-
Ramaxe miúda e seca das árbores.
-
Cousa sen importancia.
-
Nome que reciben as plantas do xénero Calendula, da familia das asteráceas.
-
-
MONTES
Monte situado na fronteira con Portugal, no extremo S da parroquia de Río Caldo (Lobios). O seu cumio acada os 1.532 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de cousas revoltas e sen orde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
marfalleiro.
-
-
Moeda de ouro almorábide, cun valor que se corresponde co do dinar (aproximadamente 4 g).
-
-
Cada un dos diferentes tipos monetarios de ouro batido nos reinos cristiáns, que seguían o patrón do marabedí almorábide.
-
marabedí afonsino/castelán
Marabedí cuñado por Afonso VIII que seguía a metroloxía do modelo e circulou abundantemente en Catalunya.
-
marabedí leonés
Marabedí cuñado polos reis Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230), seguindo o patrón metrolóxico do marabedí almorábide, pero con tipoloxía cristiá.
-
marabedí portugués
Marabedí cuñado por Sancho I de Portugal (1185-1211), Afonso II de Portugal (1211-1223) e Sancho II de Portugal (1223-1248), de patrón metrolóxico almorábide e de tipoloxía cristiá levaba a heráldica portuguesa e mostraba unha excelente factura románica.
-
-
Moeda de conta medieval castelá coa que se taxaba o valor de moeda corrente de ouro, prata ou de billón.
-
-
-
Suceso, persoa ou cousa que provoca grande admiración por ter características extraordinarias.
-
Impresión de admiración provocada por algo que resulta extraordinario ou deleita os sentidos.
-
Planta herbácea gabeadora que presenta follas similares á hedra e flores de cor azul. Emprégase coma planta ornamental.
-
Conxunto de sete construcións consideradas na época helenística os principais exemplos da perfección. Eran a pirámide de Keops, o mausoleo de Halicarnaso, os xardíns colgantes de Semíramis en Babilonia, o Faro de Alexandría, o Coloso de Rodas, o Zeus olímpico de Fidias e o templo de Artemisa en Éfeso.
-
-
-
Brisa suave do mar.
-
Suave marusía que se levanta nos días de moita calor e bochorno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de novembro de 1977. Foi editada polas Cooperativas Marisqueiras desa provincia, e ofreceu información do sector e do movemento cooperativista en Galicia e no mundo.
-
REXIÓNS
Rexión admistrativa de Turquía, formada por dez iller (85.560 km2; 13.750.262 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO