marathi

marathi
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao marathi.

  2. s m [LING]

    Lingua do phylum indoeuropeo do grupo indoario (subgrupo occidental),  que se fala no S e no L de Bombai e que presenta variantes dialectais como o becarī, deshī, varhādī, nāgpuri e sangamevari. No s XII adquiriu categoría literaria cos comentarios do Bhagavad-Gitā de Jnāndev. A poesía relixiosa de Namdev (s XIV), Eknāth (s XVI) e Tukārām (s XVII) fomentou a consciencia da unidade nacional. A literatura moderna está representada en todos os xéneros, con autores como Tilak, Apte, Ketkar, Joshī e Gokhale.