"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Político e economista. Profesor nas universidades de Barcelona, Madrid e València, foi deputado polo Partit des Socialistes de Catalunya-PSOE (PSC-PSOE) en 1975, 1979 e 1982. Ministro de Sanidade e Consumo (1982-1986), posteriormente mantivo o seu posto de deputado. Rector da Universidad Internacional Menéndez Pelayo de Santander (1989-1995), morreu víctima dun atentado de ETA. Das súas publicacións destacan El pensament econòmic a Catalunya (1760-1840) (1973) e Economía crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Coñecido como Lomarti, a súa pintura de principios da década de 1990 decantábase pola pop art, especialmente no referente ás series e ás reproducións cunha importante carga crítica. Empregou a colaxe e o recurso textual, incorporando á obra efectos poéticos. Evolucionou cara a unha fusión fragmentada de determinadas figuras en espacios abstractos como na instalación Respiración infame (1991). No escultórico, combinou a instalación coa talla en madeira, mármore e granito cunha linguaxe popular como en Auga pasada (1993) xunto cunha escultura semifigurativa, expresionista e fragmentada máis clásica como na obra Lobis naturae (1995). Ademáis de numerosas exposicións, fixo escenografías para artistas galegos e editou a revista de arte lucense Cruces de Bohemia e o libro Coroas de Mercurio (1997). Recibiu o primeiro premio de escultura no Certame Ciudad de Lugo (1993) e o primeiro premio do Certame de Pintura Cervo-Lugo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Obtivo catro veces o campionato de Europa e un título mundial en 200 m costas en 1991 en Perth, e outro en 1994, en 100 m costas, en Roma. Gañou a medalla de ouro na especialidade de 200 m costas nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 e recibiu a Gran Cruz del Mérito Deportivo (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro xeógrafo. Oficial da Armada, foi director do servizo rexional de Galicia do Instituto Geográfico Nacional e do Centro Nacional de Información Geográfica, e presidente da Sociedad Española de Cartografía, Fotogrametría y Teledetección e da Asociación Española de Ingenieros Geógrafos. Formou parte do comité especial de negociación con EE UU e Rusia do sistema europeo de navegación por satélite GALILEO (1999-2000) e dirixiu o centro de publicacións do Ministerio de Fomento e o Mapa Oficial de Carreteras de España. Escribiu Cartografía, Urbanismo y Desarrollo Inmobiliario (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado á beira do Miño, preto de Ourense. Puido fundalo o abade Senior no s IX e ser doado ao mosteiro de Celanova por Ramiro II a petición de san Rosendo no ano 941 . Na actualidade é a igrexa de San Martiño de Alongos (Toén).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Traballou no estudo do poder rotatorio, da polarimetría e dos cambios isoméricos reversibles. É autor de Optical Rotary Power (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e escritor. Director de Edicións Fervenza e membro do consello de redacción do xornal Tabeirós Terra, pulicou o libro de arte A Estrada Románica (1999), as pezas narrativas As cometas da vida (1999) e O ano das mimosas (2000) e o ensaio Onde o sol facheaba ô amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares Núñez (2000), ademais de coordinar Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego e de traducir varias obras de teatro. En poesía, escribiu A Marcial Valladares (2003), con Manuel Fragoso, e Memorias do Cairo. Recibiu o Premio Roberto Blanco Torres (1999) e o Avelina Valladares (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador alemán. Formado en Magdeburg en contacto cos Irmáns da Vida Común e en Eisenach (1498), pasou despois á Universidade de Erfurt, onde recibiu unha formación de tendencia nominalista-ockhamista e foi investido magister artium (1505). No mesmo ano, a pesar da oposición paterna, ingresou no convento dos agostiños observantes. Ordenado presbítero en 1507, comezou o seu maxisterio como lector en artes no mosteiro adherido á universidade. Chamado polos agostiños de Wittenberg en 1508, dirixiu a cátedra de ética aristotélica e simultaneamente proseguiu os estudios de teoloxía na universidade, onde obtivo o bacharelato en Biblia (1509), que o capacitou para a docencia no convento e estudo xeral agostiño de Erfurt. Posteriormente foi a Wittenberg para concluír os estudios de teoloxía e obtivo o doutoramento en 1512. Dedicouse principalmente á docencia e sucedeu a Satupitz na cátedra de Escritura, que dirixiu ata a súa morte, excepto o bienio 1521-1523. Seguindo o fío das súas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador estadounidense. Comezou no mundo da televisión, para logo debutar no cine coa adaptación da obra de Chayefsky Marty (1955, Oscar ao mellor director en 1956 e Palme d‘Or de Cannes en 1955). Dirixiu filmes como Separate Tables (1958), Jane Eyre (1970) e Brontë (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Loitador e adestrador. Especialista en loita libre, foi 17 veces campión de España, ademais de practicar loita grecorromana e sambo. Foi campión galego en varias ocasións desde 1977 e participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). Gañou a medalla de ouro no Torneo de Lisboa (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. De orixe medieval, só conserva da fábrica orixinal a porta de estilo románico; esta ten remate en arco de medio punto e imposta lisa. O tímpano é liso, apoiado sobre as xambas. No interior conserva a cruz procesional de prata do s XVII e varios retablos neoclásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Fundou, xunto co seu marido e actor Francesc Pierrà, unha compañía de teatro que funcionou durante máis de 20 anos. Interpretou obras de Benavente, Pemán ou Álvarez Quintero, e a súa derradeira obra foi El tragaluz, de Buero Vallejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Eslovaquia, situada á beira do río Turiec, na vertente occidental dos Vel’ká Fatra (60.794 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Árbol e Reboredo (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 582 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rúa (Cervo). O seu cumio acada os 549 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Eo que nace na parroquia de Milleirós (Pol) e desemboca pola esquerda do Eo na parroquia de Martín (Bóveda).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Martiño/Martiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Acadou o grao de tenente xeneral e tomou parte no Pronunciamento do xeneral Sanjurjo (1932). Dirixiu a rebelión da Coruña e participou na campaña de Asturias, Teruel e na fronte de València, durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Foi xefe da Casa Militar do xeneral Franco, director xeral da Guardia Civil (1955-1957) e ministro do Exército (1962-1964) e do Aire (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO