"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tübingen. Describiu as propiedades rectificadoras de certos cristais binarios e aplicounas á detección das ondas de radio. Inventou un tipo de tubo de raios catódicos. En 1909 recibiu, xunto con Marconi, o Premio Nobel de Física polos seus inventos relacionados coa radio e a telegrafía sen fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña. É secretario das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e pertence aos consellos de redacción das revistas O Ensino, Cadernos do Povo e Nós, onde publicou artigos sobre literatura e sociolingüística. Investigador da literatura medieval galego-portuguesa, especializouse nos xéneros menores. Publicou dúas edicións anotadas de Queixumes dos Pinos e de Cantares Gallegos, de Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, respectivamente, e os poemarios Livro do caminho (1989), e O País dos Nevoeiros (1995). Xunto con Roberto Cordovani e Iolanda Aldrei, escribiu a peza teatral Eva Perón (1994), Premio Compostela de Teatro en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Fitzgerald Brenan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Comezou traballando como extra e dobre nalgúns filmes en Hollywood. Conseguiu tres Oscar como mellor actor secundario pola súa interpretación en Come and Get it/Roaring Timber (Rivais, 1936), Kentucky (1938) e The Westerner (O forasteiro, 1940). Participou tamén nas películas Dakota (1945), Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), Rio Bravo (1959) e Support your Local Sheriff! (Tamén un shérif precisa axuda, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Realizou estudios musicais en Madrid da man de Emilio Arrieta e, posteriormente, dirixiu a Ópera del Teatro Real e a Ópera de la Unión Artística Musical, e foi director do Conservatorio de Madrid. A súa produción comprende óperas (La Dolores, Guzmán el Bueno), gran número de zarzuelas (La verbena de la Paloma, La bien plantá, El clavel rojo), un oratorio e diversas obras de música sinfónica, de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ourensán. Concorreu á Exposición de Bellas Artes de Madrid no ano 1892 con dous bodegóns de obxectos de China e Xapón de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico, editor e folclorista. Propugnou o uso exclusivo do catalán na produción literaria, e foi un dos iniciadores do movemento catalanista. Entre outras obras publicou: La masia dels amors (O casarío dos amores, 1866), Lo coronel d’ Anjou (O coronel de Anjou, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor checo. Fillo do escultor de orixe alemá Jan Brokof. Estudiou en Praga e Viena. Realizou esculturas monumentais de pedra como a ponte de San Carlos de Praga, esculpiu os atlantes do palacio Morzin e o sepulcro de Jan Václav Vratislav de Mitrovice (Praga). Desenvolveu un estilo caracterizado pola placidez monumental e o equilibrio nobre e serio. Traballou tamén a madeira policromada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico irlandés. Foi premiado como mellor actor de teatro en Londres e na BBC Television. Continuou a súa carreira protagonizando a serie televisiva Remington Steele. Obtivo unha enorme popularidade protagonizando o papel James Bond, o sonado axente secreto, nos filmes Goldeneye (Ollo de ouro, 1995) e World is no Never Enough (O mundo nunca é suficiente, 1999). Entre as súas películas destacan: The Long Good Friday (O longo Venres Santo, 1980), The Lawnmower Man (O cortador de céspede, 1991) e Tomorrow Never Dies (O mañá nunca morre, 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Theodor Tagger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo. Foi profesor en Göttingen en 1868 e, entre 1870 e 1879, director da Escola de Exiptoloxía do Cairo. A súa obra, moi vasta, orientouse preferentemente cara aos estudios demóticos e xeográficos: Grammaire démotique (Gramática demótica, 1855), Ditionnaire hiéroglyphique et démotique (Dicionario xeroglífico e demótico, 1867-1882), Geographische Inschriften altägyotischer Denkmäler (Inscricións xeográficas dos monumentos do Antigo Exipto, 1857-1860), Ditionnaire géographique de l’ancienne Egypte (Dicionario xeográfico do Antigo Exipto, 1879). En 1863 fundou a revista Zeitschrift für ägyptische Sprache und Altertumskunde (Revista de lingua e arqueoloxía exipcia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico occitano. Dirixiu e animou a Revue des Deux Mondes (1893). Combateu a arte pola arte, o naturalismo, o subxectivismo e a ciencia, que pretendía substituír a fe. Publicou, entre outras obras, Études critiques sur la littérature française (Estudios críticos sobre a literatura francesa, 1880-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Profesor na Sorbonne e estudoso da evolución do francés, publicou, entre outras obras, Histoire de la langue française des origines à 1900 (Historia da lingua francesa dende as súas orixes ata o 1900) e La pensée et la langue (O pensamento e a lingua, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista escocés. Educado nas universidades de París e de Saint-Andrews, foi profesor entre 1528 e 1552 en París, Bordeos e Coimbra. Polas súas sátiras relixiosas foi obxecto de persecucións. En Escocia exerceu cargos académicos, públicos e palatinos e foi preceptor do futuro Xaime VI de Escocia e I de Inglaterra dende 1570. Foi partidario do calvinismo e un duro adversario de María Estuardo, axudando a preparar a acusación que se leu no seu proceso, a Detectio Mariae reginae (Acusación contra a Raíña María, 1571). Así mesmo, foi autor dun tratado teórico sobre a soberanía popular e contra o absolutismo, escrito para o seu discípulo Xaime VI e titulado De jure regni apud Scotos (Sobre o dereiro real ante os escotos,1579). Autor de obras satíricas, históricas e didácticas, foi tamén un notable poeta en latín, traduciu Medea e Alcestis de Eurípides e escribiu dúas traxedias bíblicas Jephthes e Baptistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Comezou a súa carreira política en 1820 ao acceder ao Congreso co Partido Demócrata, renovando a súa acta ata 1831. Entre 1831 e 1833 foi ministro plenipotenciario en San Petersburgo e senador. De 1856 a 1860 foi o décimo quinto presidente dos EE UU, tolerando a política escravista e defendendo a autonomía de cada estado. O final do seu mandato coincidiu coa separación da Unión de sete estados sudistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Entre 1957 e 1969 dirixiu na Universidade de Virginia un centro de estudios de economía política e filosofía social. As súas investigacións céntranse no eido da economía pública. En 1986 concedéuselle o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e político. Foi catedrático de Pedagoxía na Sorbonne e ocupou diversos cargos políticos relacionados coa educación. No 1871 ocupou o posto de inspector de primaria e despois, chamado por Jules Ferry, pasou ao ministerio como director de ensino primario; participou na elaboración de leis educativas, promoveu a Liga dos Dereitos Humanos e recibiu o Premio Nobel da Paz en 1927. Gracias ás súas investigacións, a pedagoxía acadou en Francia nivel universitario, fundou as escolas normais superiores para a formación de inspectores e profesores, defendeu o ensino laico e obrigatorio, e a escola cívica. É autor, entre outras obras, de Ditionnaire de Pédagogie (Dicionario de Pedagoxía, 1882-1893), Nouveau ditionnaire de Pédagogie et de l’Enseignement Primaire (Novo dicionario de Pedagoxía e ensino primario, 1911) e La religion, la morale et la science dans l’education contemporaine (A relixión, a moral e a ciencia na educación contemporánea, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Emigrou de neno a Bos Aires pero regresou para estudar enxeñería en Madrid, carreira que abandonou. Ligado á corrente do modernismo, a súa obra caracterízase por estar cargada de simboloxía. Colaborou en La Esfera. En 1913 participou nunha exposición de artistas galegos organizada polo centro galego de Madrid, e ao ano seguinte, no salón de humoristas. Presentou tamén dous debuxos á exposición rexional de 1917. En 1935 regresou á Arxentina, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Foi profesor nas universidades de Göttingen, Danzig, Tübingen e Múnic. En 1936 foi nomeado director do Instituto Max Planck de bioquímica. Investigou as feromonas das bolboretas e conseguiu illar e identificar diversas hormonas sexuais humanas (foliculina, androsterona e proxesterona), investigando ademais as súas posibles propiedades carcinóxenas. En 1939 recibiu, xunto con Leopold Ružička, o Premio Nobel de Química, pero o goberno nazi prohibiulle aceptalo. En 1963 foi investido doutor honoris causa pola Universidad Complutense de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecilia Francisca Josefa Böhl de Faber.

    VER O DETALLE DO TERMO