Buchanan, George

Buchanan, George

Humanista escocés. Educado nas universidades de París e de Saint-Andrews, foi profesor entre 1528 e 1552 en París, Bordeos e Coimbra. Polas súas sátiras relixiosas foi obxecto de persecucións. En Escocia exerceu cargos académicos, públicos e palatinos e foi preceptor do futuro Xaime VI de Escocia e I de Inglaterra dende 1570. Foi partidario do calvinismo e un duro adversario de María Estuardo, axudando a preparar a acusación que se leu no seu proceso, a Detectio Mariae reginae (Acusación contra a Raíña María, 1571). Así mesmo, foi autor dun tratado teórico sobre a soberanía popular e contra o absolutismo, escrito para o seu discípulo Xaime VI e titulado De jure regni apud Scotos (Sobre o dereiro real ante os escotos,1579). Autor de obras satíricas, históricas e didácticas, foi tamén un notable poeta en latín, traduciu Medea e Alcestis de Eurípides e escribiu dúas traxedias bíblicas Jephthes e Baptistes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Killearn, Stirling

  • Deceso

    Lugar : Edimburgo