"Oín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 202.
-
PERSOEIRO
Físico belga. Ideou un método estroboscópico para o estudo dos movementos vibratorios e inventou o fenaquistoscopio (1832). Estudou os fenómenos capilares das láminas delgadas e diversos fenómenos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico francés. Profesor en Caen e, desde 1881, en La Sorbonne de París, ensinou mecánica teórica, física matemática, cálculo de probabilidades e astronomía. Proporcionou achegas notables como as funcións automorfas ou a teoría ergódica. Está considerado un precursor de Einstein polas súas intuicións sobre a relatividade e o espazo de catro dimensións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista francés. Deputado (1887), ministro de Educación (1895), vicepresidente da cámara e senador (1903), foi un destacado representante da dereita republicana. Foi ministro de Facenda (1906), xefe do goberno en cinco ocasións entre 1912 e 1929, e presidente da República Francesa (1913-1920). Antagonista de Alemaña e defensor da Tripla Alianza, a súa actitude precipitou a situación cara á Primeira Guerra Mundial. Ao volver ser presidente do consello (1921-1924) ocupou o Ruhr, e novamente no cargo de xefe do goberno (1926-1929), saneou as finanzas e estabilizou o franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Profesor na École Polytechnique, desenvolveu a teoría das parellas e a do movemento dun corpo sólido arredor dun punto fixo, introducindo o concepto de inercia na rotación arredor de certos eixes característicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión de Kouilou, República do Congo, situada na costa atlántica (500.000 h [1997]). Capital económica da República do Congo, forma unha unidade administrativa propia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raza de cans de caza do tipo de mostra, dunha altura na cruz de entre 63 e 68 cm os machos, e entre 61 e 66 cm as femias, cranio amplo, orellas longas e pendurantes, pescozo longo e forte, peito amplo e pelame fino, curto, duro, lustroso e xeralmente branco con manchas marróns ou negras.
-
PERSOEIRO
Marquesa de Pompadour. Coñecida como madame Pompadour, era filla dun rico financeiro e casou moi nova cun arrendatario de impostos. Foi amante de Luís XV de Francia e anfitrioa do círculo íntimo do rei en Versailles. Interveu en política e protexeu as letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado na parte posterior e inferior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado na parte posterior e interior.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido como Prévost d’Exiles, foi novizo dos xesuítas e monxe beneditino, ata que abandonou o mosteiro. Coñécese, sobre todo, pola Histoire du chevalier Desgrieux et de Manon Lescaut, incluída dentro das Mémoires et aventures d’un homme de qualité (1728-1731), e tamén escribiu Histoire d’une grecque moderne (1741) e Mémoires d’un honnête homme (1745).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Infección que ten lugar por primeira vez.
-
Infección primeira ou orixinal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación de indivisión en que está un ben que pertence a máis dunha persoa. Adoita aplicarse ás herdanzas cando os coherdeiros non teñen feita a partición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cimóxeno segregado polas células â dos illotes de Langerhans do páncreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua non testemuñada que se postula como precursora das linguas indoeuropeas, que se cre foi falada nalgún lugar da península de Anatolia ou no Cáucaso hai uns 7.000 anos.
-
PERSOEIRO
Político, arqueólogo e crítico da arte. Encargouse da renovación iconográfica da igrexa de Sainte-Geneviève que a transformou no Panthéon. Escribiu Ditionnaire de l’architecture (1792-1825) e Essai sur l’idéal (1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Discípulo de J. A. Watteau, foi a Lisboa (1729) e nomeárono pintor da corte e membro da Academia de Pintura. Pintou numerosos cadros para o palacio do Duque de Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de análise serolóxica moi sensible que se emprega na determinación cuantitativa in vitro de moléculas de fluídos e tecidos biolóxicos (péptidos, esteroides, prostaglandinas e nucleótidos) considerados como antíxenos. No ensaio destes antíxenos pártese da molécula orixinal e da molécula marcada radioactivamente. Esta molécula marcada -que actúa como antíxeno- únese xunto ao anticorpo específico ao sistema que se quere analizar, ambos os dous en cantidades constantes. Na reacción antíxeno-anticorpo, o antíxeno marcado únese ao anticorpo específico en función da cantidade de antíxeno orixinal, que é avaliada mediante unha curva estándar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiotelescopio previsto para funcionar por un procedemento interferométrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que escoita emisións radiofónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de sinople, unha faixa de prata cargada de dous cinguidoiros ondados de azul.