radioinmunoensaio
radioinmunoensaio
(< 1 radio- + inmunoensaio)
s
m
[BIOQ/MED]
Técnica de análise serolóxica moi sensible que se emprega na determinación cuantitativa in vitro de moléculas de fluídos e tecidos biolóxicos (péptidos, esteroides, prostaglandinas e nucleótidos) considerados como antíxenos. No ensaio destes antíxenos pártese da molécula orixinal e da molécula marcada radioactivamente. Esta molécula marcada -que actúa como antíxeno- únese xunto ao anticorpo específico ao sistema que se quere analizar, ambos os dous en cantidades constantes. Na reacción antíxeno-anticorpo, o antíxeno marcado únese ao anticorpo específico en función da cantidade de antíxeno orixinal, que é avaliada mediante unha curva estándar.