"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

    1. Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.

      1. Clave dun arco ou dunha bóveda.

      2. Nervio da bóveda de crucería que une as claves e que se sitúa no ángulo superior da bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Irixo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha árbore arrincada de sinople, afroitada de sable; bordo de azul, con tres flores de lis de prata, unha en xefe e outra en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar cheo de espiñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Camariñas, situada no litoral da parroquia de Moraime (concello de Muxía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Arousa, situada no litoral da parroquia de Sobrán (Vilagarcía de Arousa), ao N do esteiro do Rial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Enseada e praia da beira occidental da illa de Arousa, situada no sector central do litoral da parroquia e concello da Illa de Arousa.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 150 metros ANCHURA MEDIA: 2 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital do Salnés DIRECCIÓN: Estromil-Ande-Rubianes. Vilagarcía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca, semellante ao palangre, que consiste nun cordel groso (estrallo) vertical, do que penden numerosos cordeis máis pequenos (brazoladas), que levan empatados nos seus extremos os anzois. Emprégase no mar, preto da costa, ou nos ríos para a captura de peixes, como as douradas, robalizas, congros, moreas, escachos ou raias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva por armas, en campo de ouro, un piñeiro de sinople e, ao seu pé, un lebreiro de prata, manchado de sable, andante e coa cabeza erguida mirando cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou en Salamanca e foi militar en Italia. Ordenouse crego e foi un gran coñecedor do latín, e mestre de música en Madrid. Divulgador da décima   espinela, escribiu Rimas (1591) e a novela picaresca Vida del escudero Marcos de Obregón (1618).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de aluminio e magnesio, de fórmula MgAl2O4. Cristaliza no sistema cúbico en cristais octaédricos. Preséntase tamén, a miúdo, en masas irregulares. É moi coñecida a macla da espinela segundo a cara do octaedro. Ten unha dureza 7,5-8 e unha densidade 3,58. A cor é moi variable, pero a máis corrente é a vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cartilaxe na que remata o externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. espiñoso.

      1. Peixe da familia dos gasterosteidos.

      2. espiñento agulla [Spinachia spinachia, Fam dos gasterosteidos]

        Peixe de ata 20 cm de lonxitude, de corpo alongado, co fociño e o pedúnculo caudal moi afiados; propio de augas salgadas ou salobres, dende o golfo de Bizkaia ata o Cabo Norte, en Noruega.

      3. espiñento común [Gasterosteus aculeatus, Fam dos gasterosteidos]

        Peixe da familia dos gasterosteidos de ata 11 cm de lonxitude. Presenta un corpo comprimido e fusiforme, cun pedúnculo caudal afiado; cabeza aguda e boca pequena, no extremo dun fociño algo tubular e alongado, con dentes moi pequenos en varias fileiras; tres espiñas illadas diante da aleta dorsal que poden erguer; aletas pélvicas transformadas noutra espiña e aleta caudal reducida. A pel está desprovista de escamas ou parcialmente cuberta de placas óseas. No período reprodutor, entre marzo e abril, os machos teñen unha coloración moi viva co dorso verde ou azul, o ventre de cor escarlata e os ollos de cor esmeralda. O resto do ano a coloración, ao igual ca a das femias, é de cor verde olivácea ou agrisada, con franxas máis escuras e o ventre arxénteo. Coñécense tamén formas melánicas. Os machos son animais territoriais que fabrican un niño entre herbais de augas tranquilas con restos vexetais pegados cunha secreción renal. No niño pode depositar os ovos máis dunha femia, que son fecundados...

      4. espiñento mariño [Gasterosteus wheatlandi, Fam dos gasterosteidos]

        Peixe de ata 75 mm de lonxitude. Está limitado á costa atlántica occidental americana, dende Terranova ata Massachusetts, as máis das veces ao redor da vexetación flotante, a escasa distancia da liña de costa, e rara vez nos ríos.

      5. espiñento pequeno [Pungitius pungitius, Fam dos gasterosteidos]

        Peixe de ata 7 cm, de cor castaña cinsenta e ventre prateado, propio das augas doces, das augas salobres e, rara vez, do mar. Ten unha distribución nas augas próximas ao Ártico, nas concas atlánticas, dende Canadá ata New Jersey, na Columbia Británica; na costa pacífica de Alasca e Grandes Lagos; e nas concas do N de Europa e Asia, dende as Illas Británicas e Francia ata Rusia, Siberia, Corea, Xapón e China.

      6. espiñento romanés [Gasterosteus crenobiontus, Fam dos gasterosteidos]

        Especie endémica de Romanía que se extinguiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de teclado da familia do clavicémbalo de cordas pulsadas, dispostas en sentido diagonal de esquerda a dereita. Normalmente, posúe un só rexistro de oito pés e o teclado é de catro oitavas e media de extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra medieval que proxectaba pedras e dardos.

    2. Peza lixeira de artillería naval, do xénero das bombardas, que se empregou por primeira vez en 1304, trala súa incorporación polo almirante xenovés R. Grimaldi. Estaba fixada a unha longa armazón de madeira sostida por unha forquita metálica. Continuou empregándose nos ss XIV e XV.

    3. Arma de fogo portátil de carga anterior, que se fixo común en Europa no s XV, en substitución da colobrina de man e que continuou empregándose ata finais do s XVI. A súa culata pechábase cun obturador móbil, fixado mediante unha chaveta, e incorporaba unha caixa de base plana que permitía apoiar a espingarda no ombreiro no intre de disparar, para conseguir unha maior puntería.

    4. Arma portátil de canón moi longo, coa ánima lisa e chave de pedra de chispa, coa caixa traballada con incrustacións ou damasquinada. Foi empregada polos norteafricanos ata mediados do s XX.

    5. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘escopeta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de Brasil que se estende de SO a NL, no estado de Minas Gerais. O cumio máis elevado é Itambé, situado a 2.033 m de altitude. Está considerada como a reserva mundial máis grande de cristais de cuarzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estripeiro.

      1. Puga dura que teñen os talos, as ramas ou as follas dalgunhas plantas.

      2. Puga dura que cobre o corpo dalgúns animais.

    VER O DETALLE DO TERMO