"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Mártir cristián de Mauritania. Tivo que agocharse para fuxir da persecución do Emperador Valeriano pero, ao se enterar de que pola súa causa prenderan un parente seu, decidiu presentarse perante o tribunal. Como castigo recibiu tormento con garfos e fóronlle amputandos todos os membros. A súa festividade celébrase o 12 de xaneiro, o 4 de marzo e o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia literaria e artística cultivada nos séculos XVI e XVII, que se define pola temática bucólica, a asunción das máximas artísticas da antigüidade greco-latina, e a idealización da natureza e do amor. Nos países de lingua portuguesa, o arcadismo é unha corrente literaria que naceu a finais do XVII e continuou ata o XVIII, co fin de defender a estética neoclásica contra os excesos do Barroco. Desenvolveuse ao redor das academias literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva un arco. OBS: aplícase especialmente ás divindades representadas con arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Especializouse nas películas de gángsters e na situación dos franceses en Alxeria trala independencia deste país. Entre outras, destacan as películas Le coup de Sirocco (O golpe de Siroco, 1978), Le grand carnaval (O gran entroido, 1983), L´Union Sacrée (A unión sagrada, 1989) e Dis-moi oui... (Dime que si..., 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carácter de antigüidade.

    2. Fase inicial dun proceso natural ou histórico, dun ciclo formal artístico ou literario.

    3. Anticuado, caído en desuso.

    4. Segundo a definición actual deste período, é un termo incorrectamente usado para referirse aos terreos máis antigos do NO peninsular; debería empregarse Precámbrico ou Vendense.

      1. Relativo ou pertencente ao arqueozoico.

      2. era arcaica

        Arqueozoico.

    5. Período da arte grega que abrangue os ss VIII-VI a C.

    6. Denominación coa que é coñecida cada unha das series de culturas de América Central e do Norte (parte sudoccidental e atlántica) anteriores ás grandes culturas americanas. Comprende o final do Paleolítico en Norteamérica, abranguendo dende o final das culturas paleoindias (7000 a C) ata a introdución da economía agrícola en gran parte das rexións durante o primeiro milenio antes da nosa era. Caracterízase por múltiples adaptacións económicas rexionais, semisedentarias de amplo espectro con caza de pequenos animais, pesca e, especialmente, recolección vexetal. En California datan do primeiro milenio a C, sendo típicas as casas semisubterráneas de planta redonda. Á parte atlántica correspóndenlle pobos cazadores e recolectores. En América Central as culturas arcaicas van dende o segundo milenio ao ano 400 a C e están moito máis desenvolvidas (pirámide de Cuicuilco).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de arcaico.

      1. Supervivencia de elementos procedentes de canons artísticos propios dun tempo pasado.

      2. Imitación deliberada de formas primitivas ou antigas.

    2. En determinadas correntes de pensamento evolucionista, termo que designa o xeito de manifestarse a primeira fase do desenvolvemento dun fenómeno.

      1. Forma léxica ou construción sintáctica antiga que pode estar en desuso, por exemplo, o termo cobra para designar as estrofas no ámbito da lírica medieval, ou o apelativo mia senhor para designar a dama nas cantigas de amor. Pode ser tamén un termo aínda hoxe utilizado como, por exemplo a forma do artigo masculino el que constitúe un arcaísmo morfolóxico conservado nas expresións El-Rei e El-Señor; ou o arcaísmo sintáctico el utilizado como reforzo nas interrogativas; por exemplo: El si, Carliños? ‘A que si Carliños’.

      2. Uso de palabras, formas ou construcións antigas. O uso dos arcaísmos pode estar orixinado por unha tradición literaria ou por un recurso estilístico. Na literatura distínguense dous tipos de arcaísmo: os conservados por tradición ou os empregados para conseguir un determinado estilo. Así por exemplo, sería ridículo falar dun ‘casco’ na descrición dunha batalla ocorrida na Idade Media, pois esta voz na actualidade evoca un elemento que leva un motorista, un bombeiro, un ciclista, etc; deste xeito, non resulta axeitado falar de casco para referirse ao Cid Campeador senón que de helmo. Outros arcaísmos utilízanse para reflectir mellor as épocas pasadas, como aconteceu cos poetas neotrobadorescos que recuperaron as formas léxicas e estróficas medievais co fin de evocar a atmosfera de antano ou aproveitar a expresividade dos vocábulos antigos. Os arcaísmos contribúen tamén a configurar un rexistro culto; así, por exemplo, Eduardo Pondal emprega nos seus poemas moreas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa afectada polo uso de arcaísmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frase ou estilo que presenta trazos arcaicos; ou mesmo dun autor afectado polo uso de arcaísmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Usar arcaísmos.

    2. Encher de arcaísmos unha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador cinematográfico canadense. Tanto a través dos seus documentais como dos propios filmes de fición, este director amosa, moitas veces dende unha posición pesimista, unha visión da realidade política e social ligada ao mundo francófono do seu país. Foi autor de películas como Rejeanne Padovani (1973), Gina (1974), Jesus de Montreal (1989) e Love and human remains (Amor e restos humanos, 1994), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de potasio, de fórmula K2SO4. Cristaliza no sistema rómbico e os cristais son de cor branca. Ten peso específico 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do que está oculto.

    2. Misterio ou segredo do que non se facilita coñecemento. OBS: Utilízase en plural xeralmente.

      1. Suposto gran segredo da natureza que a alquimia tentaba descubrir.

      2. Remedio secreto e poderoso.

    3. Nalgunhas relixións, parte da doutrina ou do culto que se mantén secreta para os non iniciados. Nos primeiros séculos do Cristianismo obsérvase unha práctica semellante sobre certos elementos doutrinais ou culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arcanxos.

    2. Da natureza dun arcanxo.

    3. Semellante a un arcanxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na relixión cristiá, espírito benaventurado superior aos anxos. Pertence ao oitavo coro dos espíritos celestiais. Os arcanxos definidos pola tradición cristiá son Miguel, Rafael, Gabriel e Uriel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquear o ferro, a madeira ou calquera obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocación de aros ás cubas que se realiza xeralmente a comezos de setembro, antes da vendima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arca grande empregada nas casas para gardar as roupas da cama, e nas sancristías para gardar as vestiduras e os obxectos empregados na liturxia.

    2. Caixón de madeira onde se gardan as redes de pescar que logo van ser tinxidas e encascadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe discutida. Para algúns investigadores provén do lugar de Arce, en Navarra ou Santander. Estendeuse polo resto da Península e por México. A rama que se asentou en Galicia procede de León. Os de Ourense descenden dos de Villalba, nas montañas de Burgos. Os de Asma, en Chantada, foron señores do pazo de Piñeiro en Pesqueiras. As armas dos Arce levan, en campo de prata, cinco flores de lis, de azul, postas en aspa; bordo axedrezado de prata e goles, en dúas ordes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador gráfico. Cursou estudios de serigrafía en Lisboa e deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Participou en exposicións colectivas na Coruña, Ourense, Madrid, Berlín e Lisboa; as súas exposicións individuais desenvolvéronse nas galerías 4 Montras (Lisboa, 1991 e 1995), A Droguería (Lisboa, 1992), Le Ki (Madrid, 1993) e Museo da Electricidade (Lisboa, 1996). Dedícase preferentemente á técnica do trampantollo (trompe l’oeil). Foi decorador da TVG en colaboración con Suso Montero nos programas: “Imos Aló” (1990), “Aprendiz de Meigo” (1990), “T.V. Pirata” (1990-1991), “Supermartes” (1996) e “Salsa Verde” (1996). Traballa como dourador e restaurador de volumes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña (1994-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO