"Rande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 206.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Portela (Vilamartín de Valdeorras). Estruturada nunha planta rectangular cun corpo máis elevado nun vértice, o resto do edificio ten dous pisos. Conta cun patio interior cunha galería e ao arredor do patio central xira todo o edificio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1380? - Lipany 1434) Caudillo checo. Comandante dos exércitos taboritas en Bohemia, causou a desfeita do legado papal Cesarini en Domažlice (1431). Bo diplomático, foi xefe da embaixada bohemia no Concilio de Basilea (1433), comandante dos exércitos husitas en Bohemia e acabou rebelándose contra o sector máis moderado destes. Vencérono na Batalla de Lipany as forzas husitas e católicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Punxeiro (Viana do Bolo). Coñecida como a casa dos Escarpizos, ten planta rectangular e dúas alturas, con patios interiores. Os muros son de lousa lucida. Ten unha capela barroca de cantaría no centro da fachada principal, fundada en 1726 por orde de Rodrigo Noboa Pimentel Sarmiento, e un portal con tres arcos que servía de paso da vivenda ao coro da capela. Ten pombal e fonte nas súas proximidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Pobra de San Xiao (Láncara). Está composta por diferentes volumes, cun corpo principal, unha torre, de planta cadrada, e dependencias anexas que lle dan o aspecto de fortaleza. Os muros son de cantaría granítica e a cuberta de lousa. Conta cun patio interior en forma de T. Na fachada principal destaca a porta arquitrabada e dous escudos de armas vinculados cos Quiroga.
-
GALICIA
Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:... -
VER O DETALLE DO TERMO
(Rodés, Roergue 1082 - Barcelona 1131) Conde de Barcelona (1096-1131), fillo de Ramón Berenguel II. A súa titoría foi encomendada en 1086 ao seu tío Berenguel Ramón II. En 1095 comezou as súas accións bélicas co asedio de Tolosa. Atacou Amposta en 1097, e un ano máis tarde acometeu Oropesa, praza do Cid, e este atacou os sarracenos de Morvedre aliados do conde. Pero logo aliouse co Cid e concertou o seu matrimonio coa filla deste, María, que debía celebrarse en 1098. Os avances dos almorábides polo cantón de València a partir de 1102 impediron toda posibilidade de expansión nesta dirección. En 1111 incorporou aos seus estados a cidade de Besalú e os seus anexos por extinción da correspondente dinastía condal. Deste xeito deulle a Catalunya un lugar destacado na política europea e contribuíu ao seu avance cultural. En 1114 foi tomada Eivissa, cando acababa de ocupar a cidade de Mallorca. Despois, os cristiáns retiráronse e as illas foron ocupadas polos almorábides. A comezos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que se produciu na ría de Vigo o 23 de outubro de 1702, durante a Guerra de Sucesión Española, entre a escuadra española que transportaba a prata desde América co apoio dunha escuadra francesa dirixida por Château-Renault, e unha frota anglo-holandesa ao mando de G. Rooke. A presión anglo-holandesa impedira a descarga en Cádiz e o xeneral español Manuel de Velasco Tejada buscou refuxio na ría de Vigo. As embarcacións franco-españolas refuxiáronse na enseada de San Simón desde o 22 de setembro. Construíuse unha barreira no estreito de Rande e instaláronse 38 canóns no forte de Corbeira (Domaio, Moaña) e 17 na batería de Rande e comezou o desembarco do ouro que traía a frota. Parte das defensas desmontáronse cando parecía que os anglo-holandeses ían permanecer lonxe, pero o 21 de outubro esta frota apareceu na ría mentres se tentaban reconstruír as defensas. O 23 de outubro, despois de desembarcar as forzas anglo-holandesas, que destruíron as fortificacións e aniquilaron as...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso marítimo entre as beiras S e N da ría de Vigo que se estende entre punta Aradoiro (Moaña) e Cabanas (Redondela).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o estreito do mesmo nome entre Vilaboa e Redondela. A súa construción iniciouse en 1973 e rematou en 1977 aínda que non se inaugurou ata 1981. Supuxo a maior obra de enxeñaría de Galicia e por ela discorre un tramo da AP-9. Foi obra de Florencio del Pozo Frutos, coa colaboración de Fabricio de Miranda e Alfredo Passaro. Trátase dunha ponte atirantada cunha lonxitude no tramo central de 695 m e unha anchura de 23,46 m, suspendida sobre dous piares que acadan os 128 m de altura sobre o nivel do mar, e cunha luz de 400 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrandear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrandeadoiro.
-
CIDADES
Cidade de Xutlandia, Dinamarca, na beira do Gudenå e antes de formar este río o fiorde de Randers, en Kattegat (62.205 h [2001]). É un porto e centro comercial, con industrias metalúrxicas e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Canedo (Ourense). Construída no s XVIII, ten planta rectangular con dous andares e un patio interior, con escaleira e solaina, e conta cun corpo engadido ao SO. Os seus escudos, que aluden aos Reinoso, atópanse na casa de Coto Martín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Carballo (Taboada). Realizada en cachotaría e cantaría de granito, a maior parte do conxunto data do s XVIII, aínda que está documentada a súa existencia xa no s XV. Ten planta rectangular con varias dependencias acaroadas. Na fachada principal destaca a solaina, que se abre a un patio exterior, e un escudo coas armas dos Camba, Ulloa e Taboada. Rodeada dun muro, no terreo sitúanse diversas dependencias adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Gwynedd, Gales? -? 878?) Rei galés (844-878?). Acadou a unión da maior parte de Gales e contivo as fortes presións escandinavas. Fundou unha dinastía que durou ata a fin da independencia galesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Teilán (Bóveda). Ten planta rectangular dividida en tres partes con engadidos posteriores. A obra orixinal é do s XVI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bravo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada á beira do río homónimo (193.789 h [estim 2004]). O seu porto, situado a 13 km da desembocadura, permite a entrada de buques oceánicos. Posúe industrias cárnicas, de conservas pesqueiras e vexetais, fábricas de tecidos de la e refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bravo.