Prokop o Rapado ou o Grande
Prokop o Rapado ou o Grande
(? 1380? - Lipany 1434) Caudillo checo. Comandante dos exércitos taboritas en Bohemia, causou a desfeita do legado papal Cesarini en Domažlice (1431). Bo diplomático, foi xefe da embaixada bohemia no Concilio de Basilea (1433), comandante dos exércitos husitas en Bohemia e acabou rebelándose contra o sector máis moderado destes. Vencérono na Batalla de Lipany as forzas husitas e católicas.