"SAU" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 171.
-
PERSOEIRO
Físico e matemático francés. Considerado un dos fundadores da acústica musical, estudou a orella humana e explicou a natureza dos sobretóns. Investigou os tubos sonoros, as cordas vibrantes e os harmónicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa N da illa de Tenerife, no val de La Orotava (7.689 h [2001]). Ten cultivos de plátanos, algodón, cereais e froiteiras, e pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista inglés. Representante da escola clásica, as súas contribucións constitúen as bases da inflexión cara ao marxinalismo. Rexeitou a concepción ricardiana do valor-traballo. Escribiu Three Lectures on the Value of Money (1829) e Outline of the Science of Political Economy (1836).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
SERGAS.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade conxénita do metabolismo de lípidos, glícidos e proteínas que se caracteriza por unha acumulación ou un almacenamento excesivo de substancias metabólicas, case sempre debidas a un bloqueo da vía de degradación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tesouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réptil fósil diápsido saurisquio, da suborde dos terópodos, que podía acadar 15 m de lonxitude e 8 toneladas de peso. O Tyrannosaurus rex foi un dos maiores dinosauros carnívoros, que posuía grandes patas posteriores provistas de garras, grandes mandíbulas con afiados dentes e unha enorme e grosa cola. Alimentábase de dinosauros herbívoros e prea. Viviu hai 100 e 60 millóns de anos, a finais do Cretáceo
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da suborde dos terópodos, ao que pertencían os tiranosauros.
-
PERSOEIRO
Historiadora. Especilista en historia contemporánea, foi codirectora desde 1988 do proxecto HISTORGA (Historia Oral de Galicia), que recollía testemuños orais da historia recente de Galicia e formou parte do Seminario de Fontes Orais. Publicou Prensa juvenil y estudantil en el bando franquista de la Guerra Civil (1986) e La Universidad de Santiago de Compostela 1898-1936 (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz teatral. Coñecida como Maruxa Villanueva, emigrou a Arxentina en 1926, onde iniciou a súa carreira como cantante de alalás e composicións galegas. Contou cun programa propio na televisión arxentina, que compaxinou co teatro. Montou, co autor Daniel Varela Buxán e co actor Fernando Iglesias Tacholas, a Compañía de Arte Regional Gallego “Aires da Terra”, que co tempo se converteu na Compañía Galega Maruxa Villanueva. Puxo en escena obras como Os vellos non deben de namorarse (1941), de Castelao, e as súas representacións tiveron moito éxito en Arxentina e Uruguay. Ao seu regreso a Galicia (1971) encargouse da dirección da casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emir (1902-1917), Sultán (1917-1927) e rei (1927-1932) de Najd, Rei de Al- Ḥ ijāz (1927-1932) e de Arabia Saudí (1932-1953), da dinastía wahhabita. Membro dunha familia rexente exiliada, sucedeu ao seu pai no 1902. No 1932 cambiou o nome do reino polo de Arabia Saudí. As explotacións petrolíferas (dende o 1938) consolidaron o seu poder persoal. Durante a Segunda Guerra Mundial permaneceu neutral.
VER O DETALLE DO TERMO