tiranosauro
tiranosauro
(< lat científicoTyrannosaurus)
s
m
[PALEONT]
Réptil fósil diápsido saurisquio, da suborde dos terópodos, que podía acadar 15 m de lonxitude e 8 toneladas de peso. O Tyrannosaurus rex foi un dos maiores dinosauros carnívoros, que posuía grandes patas posteriores provistas de garras, grandes mandíbulas con afiados dentes e unha enorme e grosa cola. Alimentábase de dinosauros herbívoros e prea. Viviu hai 100 e 60 millóns de anos, a finais do Cretáceo