tirante
(< tirar)
-
adx
Que está sometido á tensión dunha ou varias forzas.
-
adx
Aplícase á relación entre persoas que se caracteriza por unha situación de distanciamento emocional e a súa proximidade cara a unha ruptura.
-
s
m
Cada unha das dúas tiras que sosteñen desde os ombros unha peza de vestir e que poden ser de material elástico. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
s
m
Corda ou correa que une a gornición dunha cabalaría á carruaxe ou a outro obxecto do que tira.
-
s
m
-
Peza de ferro, de madeira ou doutro material, que traballa por tracción e que, fixada polos seus extremos a outras dúas pezas que tenden a separarse, impide o seu distanciamento.
-
[CONSTR]
iga que une e mantén inmóbiles dúas paredes paralelas que tenden a derrubarse.
-
[CONSTR]
Peza horizontal que nunha armadura de cuberta une os pés de cada dous elementos verticais consecutivos para impedir que se separen a causa da carga.
-
[MAR]
Peza de ferro que une e separa dúas pezas opostas dunha máquina.
-