tirante

tirante

(< tirar)

  1. adx

    Que está sometido á tensión dunha ou varias forzas.

  2. adx

    Aplícase á relación entre persoas que se caracteriza por unha situación de distanciamento emocional e a súa proximidade cara a unha ruptura.

  3. s m

    Cada unha das dúas tiras que sosteñen desde os ombros unha peza de vestir e que poden ser de material elástico. OBS: Adoita empregarse en plural.

  4. s m

    Corda ou correa que une a gornición dunha cabalaría á carruaxe ou a outro obxecto do que tira.

  5. s m
    1. Peza de ferro, de madeira ou doutro material, que traballa por tracción e que, fixada polos seus extremos a outras dúas pezas que tenden a separarse, impide o seu distanciamento.

    2. [CONSTR]

      iga que une e mantén inmóbiles dúas paredes paralelas que tenden a derrubarse.

    3. [CONSTR]

      Peza horizontal que nunha armadura de cuberta une os pés de cada dous elementos verticais consecutivos para impedir que se separen a causa da carga.

    4. [MAR]

      Peza de ferro que une e separa dúas pezas opostas dunha máquina.

Palabras veciñas

tirano -na | tiranosauro | Tirant lo Blanc | tirante | tirapé | tirapedras | tirapuxa