Tirant lo Blanc

Tirant lo Blanc
[LIT]

Novela escrita por Joanot Martorell e rematada por Martí Joan de Galba, impresa en València en 1490, nos obradoiros de Nicolau Spindeler. Consta de 487 capítulos en que conta a biografía dun cabaleiro bretón que se dá a coñecer en festas e combates en Inglaterra. Converteuse en xefe das forzas armadas que socorreron a illa de Rodas e o imperio grego dos turcos, e, despois dunha longa campaña no N de África, volveu a Constantinopla onde morreu. As aventuras están acompañadas da narración dos amores de Tirant e Carmesina, filla do emperador grego, que morre ao coñecer a sorte do seu namorado.

Palabras veciñas

tiranizar | tirano -na | tiranosauro | Tirant lo Blanc | tirante | tirapé | tirapedras