"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal durilignosa constituída por bosques esclerófilos que, en Europa e América pertencen ao xénero Quercus, como as aciñeiras e as sobreiras, e en Australia ao xénero Eucalyptus.
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico teatral. Destacou polos seus traballos en diversos medios de comunicación e pola influencia que tiveron no desenvolvemento do teatro italiano. Foi o fundador da Accademia d’Arte Drammatica de Roma e publicou diversos estudios como Tramonto del grande attore (O crepúsculo do actor, 1929), Storia del teatro dramático (Historia da literatura dramática, 1939-1940), Invito a teatro (En defensa do teatro, 1935) ou Mettere in scena (A dirección de escena, 1954). Tamén destacou polas súas investigacións no campo da historia do teatro, entre as que cómpre salientar o proxecto Enciclopedia dello Spettacolo (Enciclopedia do espectáculo), que dirixiu ata a súa morte e que se publicou en dez volumes entre 1954 e 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla do duque de Carintia e esposa do duque Enrique I o Barbudo de Silesia e Polonia. Xunto con seu marido fundou varios conventos de monxas e a abadía cisterciense de Trebnitz, preto de Breslau, no que entrou como relixiosa ao quedar viúva (1238). Na iconografía viste, ou ben ricas roupas e coroa ducal na cabeza, ou ben hábito cisterciense ou toucas negras de viúva; como atributos persoais leva unha zapatilla na man, unha maqueta de igrexa ou mosteiro ou unha imaxe da Virxe. Foi canonizada en 1267 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Poñer algo nun marco ou cadro.
-
Servir de marco a algunha cousa.
-
-
Incluír algo nun esquema de clasificación, organización ou contexto.
-
Incorporar a alguén nun determinado grupo, especialmente nun de tipo militar ou político.
-
-
Colocar unha cousa no centro doutra.
-
Eliminar as partes sobrantes nunha imaxe ou situala nun lugar axeitado dentro da composición total.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao verso de nove sílabas que pode ser de ritmo trocaico, dactílico ou mixto.
-
-
de ensilar.
-
Acción de ensilar.
-
Produto que se obtén da conservación da herba fresca en forma de grandes masas comprimidas evitando o seu contacto co aire; deste xeito prodúcense unha serie de fermentacións anaeróbicas que favorecen a súa conservación, ao tempo que se transforman as súas propiedades dixestivas e nutricionais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer os grans dos cereais, a forraxe ou outro tipo de produto agrícola que se queira conservar nun silo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ensilar.
-
-
Poñer silvas nalgunha cousa para impedir o paso.
-
Enredarse entre as silvas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siloxismo que ten como premisa a conclusión dun siloxismo anterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da quinta letra do alfabeto grego <ε>, en minúscula, e <E>, en maiúscula, que equivale ao Ĕ breve do latín. Como signo numérico equivale a 5 (ε ‘) ou ben a 5.000 (,ε).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos da subclase dos copépodos, de ata 3 mm de lonxitude, que constitúen parasitos das branquias dos peixes.
-
PERSOEIRO
Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Itsvan Bocskay, príncipe de Transilvania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bosque en que se alternan períodos de xerofilia e de higrofilia, e en que as árbores perden as follas durante a época de días curtos e baixas temperaturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está estreñido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mísil nuclear despregado en Europa polas forzas da OTAN e do Pacto de Varsovia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado en Bos Aires en 1952 da autoría de Luís Seoane. Considérase unha obra punteira da literatura do exilio e converteuse en arma para a concienciación da entidade galega, tanto en Galicia como na emigración. O autor reflicte a odisea dos galegos que se marcharon a América ao longo da historia e pretende facer xurdir unha conciencia galeguista e un espírito de compromiso dende a súa lembranza de Galicia no exilio. De carácter autobiográfico en parte, reconstrúe o drama da emigración e avoga polo espertar do sentimento de solidariedade entre a colectividade galega na diáspora.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida ao redor de 1982 en Vigo. Subtitulouse “Revista mensual de caza, pesca, tiro y naturaleza”. Editouna e dirixiuna Luis Macías.
VER O DETALLE DO TERMO