"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundador mítico da antiga cidade de Segesta (Sicilia), que axudou a Eneas cando este fuxía de Troia.
-
-
Calquera sal ou éster do ácido acético. En virtude da accesibilidade e o baixo prezo deste ácido, os acetatos constitúen o grupo máis importante entre os sales e os ésteres dos ácidos orgánicos. Os acetatos metálicos neutros son sales ben cristalizados, que se obteñen xeralmente pola acción do ácido acético sobre os óxidos, hidróxidos ou carbonatos e que se descompoñen a temperaturas non moi altas. Os acetatos básicos, en xeral insolubles, fórmanse facilmente por hidrólise. As aplicacións dos acetatos son moi diversas, tanto pola súa boa solubilidade e o seu pouco prezo como polo feito de que se reaccionan ou se hidrolizan liberando ácido acético, este non ten os efectos destrutores dos ácidos minerais fortes. A súa principal utilización ten lugar na industria téxtil para a tinguidura e os estampados (acetato de sodio, acetato de calcio, acetato de cinc, acetato de chumbo, etc) e para a impermeabilización e a ignifugación (acetato de aluminio). Os ésteres acéticos...
-
acetobutirato de celulosa.
-
Nome xenérico dos ésteres acéticos da celulosa, e dos plásticos que derivan deles, nos que a esterificación é incompleta e de grao variable. O acetato de celulosa sen plastificar preséntase en forma de estriga, e as súas propiedades dependen do grao de acetilización (canto máis altos, menores son a solubilidade e a absorción da auga) e da lonxitude das cadeas (canto máis longas, maior é a viscosidade das solucións e a resistencia mecánica). A estriga de acetato emprégase para fabricar fibras téxtiles, filtros de cigarros, membranas semipermeables para o desalgado da auga, produtos limpapinturas e materiais termoplásticos. Como plástico emprégase para fabricar películas e láminas transparentes, que resisten as graxas, son permeables ao vapor de auga, aos gases e á radiación ultravioleta do sol, e son soldables e termomoldeables. Son empregos habituais a laminación sobre papel, cartón ou follas metálicas, a protección de documentos, os efectos especiais nas artes gráficas, o illamento eléctrico...
-
Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro de cheiro desagradable que se escurece en contacto coa luz. Obtense pola reacción de Claisen, condensando o acetato de etilo coa acetona en presenza de sodio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos complexos metálicos da acetilacetona, que derivan por susbstitución do hidróxeno ácido da forma enólica ou do carbono central. Empréganse, principalmente, como catalizadores e para metalizacións en fase vapor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glucósido cristalino que ten a estrutura da dixitotoxina cun grupo acetilo fixado sobre unha das moléculas de D-dixitoxosa. Obtense a partir das follas de diversos estraloques. Emprégase en medicina como cardiotónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido acetoacético. O máis importante é o acetoacetato de etilo, CH3COCH2COOC2H5. É un líquido de olor agradable. Obtense a partir do acetato de etilo, e industrialmente úsase de materia prima para numerosas sínteses, como por exemplo, a da antipirina.
-
-
Relativo ou pertencente ao acetoacetato.
-
Líquido oleaxinoso, soluble en auga e en alcohol, que se descompón violentamente a 100 °C producindo acetona e anhídrico carbónico. Obtense saponificando en condicións moi suaves os acetoacetatos.
-
Acetoacetato de etilo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome común de calquera dos sales dobres que se denominan metaarsenito-acetato na nomenclatura sistemática, é dicir, que conteñen os anións AsO2- e CH3 COO. O máis importante é o acetoarsenito de cobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias con forma de coco ou de bacilo curto. Viven en xeral nas materias vexetais en fermentación e trasforman por oxidación o etanol ou alcohol etílico en ácido acético, e este en anhídrido carbónico. Empréganse industrialmente na elaboración do vinagre, no proceso de acetificación.
-
-
Éster mixto dos ácidos acético e butírico.
-
Nome xenérico dunha serie de ésteres mixtos da celulosa, acéticos e butíricos (e dos compoñentes de amoldeamento en que derivan), no que as proporcións relativas dos dous grupos acilo e o grao de esterificación (proporción de hidróxilos esterificados) poden variar de xeito continuo. As súas propiedades dependen da composición e da mediana dos pesos moleculares. Os plásticos de acetobutirato obtéñense en tipos diversos que difiren polas temperaturas de fluencia, durezas e propiedades mecánicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éter aromático coñecido co nome comercial de fenacetina. Emprégase como antipirético e analxésico. Pode producir nefropatía e estivo considerada substancia canceríxena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro, soluble nos disolventes orgánicos e moi pouco en auga. Obtense acetilando o benzeno ou ben oxidando o etilobenzeno, e como un subproduto da fabricación do fenol por oxidación do cumeno. Emprégase en perfumería para dar o recendo do azar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aciloína derivada do ácido acético. Fórmase en diversas fermentacións e en particular na fermentación láctica. Considerada inocua, emprégase como vehículo de recendos e esencias alimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido obtido a partir da cloroacetona ou por fermentación do propilenglicol Emprégase como disolvente da nitrocelulosa.
-
-
Composto resultante da oxidación metabólica das graxas e dalgúns aminoácidos. Fórmase no fígado e destrúese, agás en casos patolóxicos, na periferia do organismo.
-
Fármaco empregado antigamente como vermífugo e antirreumático.
-
Nome co que se coñece a máis simple e a máis importante das cetonas. É un disolvente polar dotado de gran poder de disolución, especialmente de graxas, resinas e ceras. Industrialmente obtense a partir do alcohol isopropílico. As propiedades químicas da acetona son as xerais das cetonas e máis especialmente das que conteñen o grupo -COCH 3 .
-
acetonemia.
-
Nome trivial do 2-hidroxi-2-metilpropannitilo ou α-hidroxiisobutironitrilo: (CH 3 ) 2 C(OH)CN. Obtense engadindo nas condicións axeitadas cianuro de hidróxeno á acetona. Emprégase como insecticida e como intermediario na síntese orgánica, especialmente para a preparación industrial dos ésteres metacrílicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto facilmente sublimable, que produce cheiro a alcanfor. Obtense pola acción do hidróxido de potasio sobre unha mestura de cloroformo e acetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento marcado de acetona e de corpos cetónicos no sangue, onde normalmente se atopan en cantidades moi pequenas, producidos pola combustión alterada das substancias graxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á acetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido que se obtén da descarboxilación do ácido diacetilsucínico. Emprégase como disolvente e é un intermediario na fabricación de diversos produtos químicos e farmacéuticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido que ferve a 81,6°C, co punto de inflamabilidade en 12,8°C e de constante dieléctrica E=38’8 a 20°C. Disolve diversos sales inorgánicos. É velenoso. Obtense por deshidratación da acetamida. Emprégase en síntese orgánica e como disolvente.