"dis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 645.
-
-
Que discrimina.
-
Invariante funcional que establece unha relación entre os coeficientes dun polinomio, e permite estudar as súas raíces e outras propiedades. No caso dun polinomio de grao n cunha soa variable, a0xn+a1xn-1+...+an, o discriminante é a expresión
FORMULA
En particular, o discriminante dunha ecuación cuadrática ax2+bx+c=0 ten como expresión D=b2 - 4ac.
-
-
-
Distinguir entre dúas cousas, ou entre varias.
-
Tratar con inferioridade os membros dunha colectividade ou grupo humano, especialmente, por prexuízos relixiosos, sociais, lingüísticos, étnicos, políticos ou de sexo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
discriminatorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que discrimina ou que implica discriminación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da percepción cromática que consiste nunha cegueira parcial para as cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastornos da pigmentación da pel.
-
-
Alegar motivos que descarguen de culpa ou xustifiquen algo ou a alguén.
-
Ser unha cousa o motivo que xustifica algo ou a alguén.
-
Perdoar ou considerar libre de culpa ou xustificado algo ou a alguén.
-
Presentar desculpas a alguén por unha molestia ou unha ofensa.
-
-
-
Utilizar a mente para tratar de buscar a solución ou a maneira de facer algo.
-
Pensar durante moito tempo nunha cousa.
-
Pasar o tempo ou transcorrer un acontecemento ou acción no tempo.
-
Correr un líquido.
-
-
-
Dar un discurso escrito ou oral.
-
Discorrer sobre algo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao discurso.
-
Que discorre ou que reflexiona.
-
-
-
-
Proceso de pensamento no que aparecen, de forma ordenada, diversas ideas que expresan o que se quere dar a coñecer.
-
Conxunto de signos con diferentes significacións ou propósitos, segundo a semiótica contemporánea. Ogden e Richards estableceron a división en discursos simbólicos ou referenciais, que comunican referentes, e discursos emotivos ou expresivos, que expresan sentimentos e actitudes.
-
Expresión da ἐπιστήμη (intelixencia, coñecemento, saber) definido por M. Foulcault que, por medio da linguaxe, delimita zonas do coñecemento humano, organizando e cualificando a realidade, en función do que se admite e do que non.
-
-
Práctica social que os individuos realizan mediante os usos lingüísticos en contextos, tanto orais coma escritos. En tanto que práctica social, o discurso é unha parte central da vida social e constitúe simultaneamente un elemento que serve para organizar a vida social, xa que mediante a fala ou a escrita se constrúen textos enfocados a uns determinados obxectivos e nun determinado contexto sociocultural, cognitivo e lingüístico. Adóitase considerar o discurso como unha área de investigación centrada no uso lingüístico máis alá da oración, centrada nas interrelacións entre lingua e sociedade, e vinculada coas propiedades interactivas da comunicación diaria, en contraste co obxecto de estudio da gramática, centrada no estudo dos sons (fonética e fonoloxía), das partes das palabras (morfoloxía), do significado (semántica) ou da orde das palabras na oración (sintaxe). O discurso é complexo e heteroxéneo, xa que ten moi diversas formas de organizarse, e concrétase en modalidades diferentes....
-
-
Desenvolvemento ordenado sobre un tema determinado que un orador pronuncia diante dun público cunha finalidade persuasiva. Na retórica grecolatina distinguíanse tres modalidades: xudicial ou forense, político ou deliberativo, e demostrativo, tamén chamado panexírico ou epidíctico. Na súa organización distínguense cinco partes: inventio, dispositio e elocutio, que corresponden á súa preparación lingüística; memoria e actio ou pronuntiatio, que culminan o proceso coa exposición oral ante o público.
-
Fala longa e xeralmente pesada, coa intención de convencer ou reprender a alguén.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Discours de la méthode.
-
-
-
Acción de discutir.
-
Situación na que dúas ou máis persoas están a discutir.
-
-
Procedemento para a investigación de mercados, que consiste na reunión dun grupo de persoas ás que se lles solicita a súa opinión sobre determinados aspectos relacionados co produto ou servizo que un anunciante pretende comercializar.
-
-
SEMANARIOS
Semanario de carácter republicano editado en Celanova entre os anos 1895 e 1896. Foi o substituto de El Correo de Celanova, publicado no período 1893-1895.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario conservador editado en Betanzos no ano 1909. Coa súa saída á rúa tentaba aproveitarse da loita política que existía no distrito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode discutir.
-
-
Que discute.
-
Persoa á que lle gusta discutir.
-
-
-
Examinar unha cuestión entre dúas ou máis persoas, razoando os argumentos empregados tanto en contra como a favor, para chegar a unha conclusión ou acordo.
-
Manifestar unha postura contraria ou crítica a algo ou ao que alguén ordena.
-
Falar, intercambiando argumentos e ideas opostas sobre algún tema.
-
Enfrontarse verbalmente dúas ou máis persoas, ou unha con outra, por non estar de acordo nalgún tema.
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Iniciou as súas creacións fotográficas retratando imaxes de xogos infantís en Nîmes. Posteriormente trasladouse a Brest, onde abriu un estudo de daguerrotipos. A partir de 1854 instalou en París o seu estudio, onde se especializou nos retratos da burguesía. Rapidamente, comezou a expansión comercial de Disdéri, quen a finais dese mesmo ano fundaba a sociedade Disdéri et Cie e adquiría a concesión oficial para fotografar os obxectos da Exposición Universal de París de 1855. Entre 1865 e 1868 abriu dous estudios en Londres e outro,posiblemente, en Madrid. Retratista de Napoleón III, as súas creacións caracterizáronse polo coidado do enfoque, o encadramento, a luz e a profundidade de campo. Entre as innovacións que achegou ao mundo da fotografía destacan unha fórmula para a exposición instantánea do colodión, un método para a preparación dun papel especial que axudaba á fixación da imaxe, unha caixa para a fotografía “instantánea” e unha fotomecánica para un proceso semellante...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade na deglutición dos líquidos.