discurso
(
-
s
m
[FILOS]
-
Proceso de pensamento no que aparecen, de forma ordenada, diversas ideas que expresan o que se quere dar a coñecer.
-
Conxunto de signos con diferentes significacións ou propósitos, segundo a semiótica contemporánea. Ogden e Richards estableceron a división en discursos simbólicos ou referenciais, que comunican referentes, e discursos emotivos ou expresivos, que expresan sentimentos e actitudes.
-
Expresión da ἐπιστήμη (intelixencia, coñecemento, saber) definido por M. Foulcault que, por medio da linguaxe, delimita zonas do coñecemento humano, organizando e cualificando a realidade, en función do que se admite e do que non.
-
-
s
m
[LING]
Práctica social que os individuos realizan mediante os usos lingüísticos en contextos, tanto orais coma escritos. En tanto que práctica social, o discurso é unha parte central da vida social e constitúe simultaneamente un elemento que serve para organizar a vida social, xa que mediante a fala ou a escrita se constrúen textos enfocados a uns determinados obxectivos e nun determinado contexto sociocultural, cognitivo e lingüístico. Adóitase considerar o discurso como unha área de investigación centrada no uso lingüístico máis alá da oración, centrada nas interrelacións entre lingua e sociedade, e vinculada coas propiedades interactivas da comunicación diaria, en contraste co obxecto de estudio da gramática, centrada no estudo dos sons (fonética e fonoloxía), das partes das palabras (morfoloxía), do significado (semántica) ou da orde das palabras na oración (sintaxe). O discurso é complexo e heteroxéneo, xa que ten moi diversas formas de organizarse, e concrétase en modalidades diferentes. As prácticas discursivas están reguladas por un conxunto de regras, principios ou máximas, de carácter textual e sociocultural, que lles dan aos individuos as ferramentas lingüísticas e cognitivas apropiadas para construíren pezas discursivas coherentes e axeitadas para cada acto de comunicación. As prácticas discursivas están presentes en todo tipo de actividades sociais, tanto públicas coma privadas, nas relacións laborais, nos medios de comunicación, na sanidade, na escola, na universidade, na xustiza, nas familias, na administración, etc. Respecto da metodoloxía de análise, a análise do discurso é un campo híbrido de investigación, xa que se nutre de conceptos e de achegas metodolóxicas dun amplo abano de disciplinas do ámbito social e humanístico, pero a complexidade e as influencias interdisciplinares non supoñen un atranco na delimitación dos temas nin das orientacións de investigación. A información relevante e significativa para a análise do discurso tende a analizarse a través de datos empíricos, xa que se establece que os usos lingüísticos escritos e orais se producen en contexto, ao tempo que son parte do contexto e crean, asemade, contexto. De aí que os datos que se van empregar se analicen no seu contexto natural. Tendo en conta esta perspectiva metodolóxica, os procedementos de observación pertinentes para recoller, describir e analizar o discurso céntranse naqueles proporcionados pola antropoloxía e polas achegas da sociolingüística interaccional, como a observación participante, as entrevistas en profundidade, as historias de vida ou os grupos de discusión, entre outros. Con respecto ás unidades de análise, pártese do enunciado definido como o produto específico dun proceso de enunciación desenvolvido por un enunciador e enfocado cara a un enunciatario. Por vez, os enunciados combínanse para formaren textos orais ou escritos. Os textos poden ter diferente lonxitude e extensión, xa que se consideran texto tanto un anuncio breve (Alúgase cuarto con vistas) coma unha sentenza xudicial, a editorial dun xornal ou un manual de lingüística computacional. Complementariamente, considérase que calquera texto constitúe un feito comunicativo (ben un acontecemento ou un evento) realizado nun determinado eixe espacio-temporal. É por iso que se parte de que a unidade fundamental da análise discursiva debe estar baseada na descrición do feito comunicativo, contemplado como unha interacción que integra os elementos verbais e non verbais nunha situación sociocultural específica. Os elementos de calquera feito comunicativo foron definidos por Dell Hymes dando lugar ao modelo SPEAKING, acróstico formado coas iniciais dos oito compoñentes en inglés: situación (Situation), participantes (Participants), finalidades (Ends), secuencias de actos (Acts sequences), clave ou ton (Key), instrumentos (Instrumentalities), normas de interacción e de interpretación (Norms) e xénero (Genre). Un desenvolvemento teórico especialmente relevante no campo do discurso é a denominada Análise Crítica do Discurso. O seu obxectivo principal é saber cómo o discurso contribúe á reprodución da desigualdade e da inxustiza social determinando quén ten acceso a estruturas discursivas e de comunicación aceptables e lexitimadas pola sociedade. Cómpre ter en conta que a análise crítica do discurso trata sobre todo da dimensión discursiva do abuso do poder, da inxustiza e da desigualdade que resultan deste, e para iso ten en consideración a crítica estrutural de institucións e de grupos máis que de persoas, e centra a atención en actos e actitudes inaceptables que indiquen un abuso do poder e que evidencien a dominación. Moitos investigadores nesta área céntranse nos individuos e nos grupos sociais que teñen poder e o abuso que se fai de tal poder, xa que os grupos dominantes son os que teñen acceso á manipulación e ao uso de estruturas discursivas de dominación, de desigualdade e de limitacións da liberdade.
-
s
m
-
Desenvolvemento ordenado sobre un tema determinado que un orador pronuncia diante dun público cunha finalidade persuasiva. Na retórica grecolatina distinguíanse tres modalidades: xudicial ou forense, político ou deliberativo, e demostrativo, tamén chamado panexírico ou epidíctico. Na súa organización distínguense cinco partes: inventio, dispositio e elocutio, que corresponden á súa preparación lingüística; memoria e actio ou pronuntiatio, que culminan o proceso coa exposición oral ante o público.
-
Fala longa e xeralmente pesada, coa intención de convencer ou reprender a alguén.
Ex: Cando chego tarde pola noite meu pai sempre me solta un discurso. O vendedor botoume un discurso dunha hora.
Confrontacións: sermón.
-