"fico" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 232.

  • Museo situado en Vilar de Santos. Membro do Consello Galego de Museos, está dedicado á colección, recreación e exposición de obxectos relacionados coa etnografía galega. Ten salas dedicadas ao liño, aos oficios, á pataca, á casa e ao agro, ademais dun taller de tecidos artesanais e unha sala dedicada a xeografía, a historia e a memoria da comarca da Limia. Conta cunha biblioteca especializada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Etnográfico do Cebreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo inaugurado en 2001 situado na antiga casa de Ricoy en Cambados. Dedicouse ao viño en xeral e ao albariño en particular. A súa colección combina restos arqueolóxicos e pezas de valor etnográfico, con paneis e audiovisuais en que se explican os diferentes procesos de crianza, obtención, conservación e cata do viño, cunha especial atención á rexión das Rías Baixas. Destaca a maqueta que recrea as adegas cistercienses e a zona exterior, onde se sitúan as cepas de albariño nas súas distintas formas de plantación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no Rosal. A súa orixe data de 1981. Dividese nas seccións de Arqueoloxía, Agricultura e A Cabaqueira, onde se mostra material cerámico das telleiras. Publica unha memoria anual e conta cun arquivo fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo etnográfico situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Inaugurado en 1972 por Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, está formado por obxectos recollidos desde 1965 por Olimpio Liste. Integrado no Consello Galego de Museos, divídese en castro seccións dedicadas ao traballo agrícola de Galicia, aos oficios, moitos deles descoñecidos, a obxectos de carácter singular e á exclaustración monacal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Viladonga (Castro de Rei), fundado polo Ministerio de Cultura en 1983 e aberto ao público en 1986. A súa xestión transferiuse á Xunta de Galicia en 1989. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse para a acoller e expoñer os restos procedentes do xacemento castrexo e galaico-romano de Viladonga. Ademais da exposición permanente, que amosa aspectos relacionados co hábitat natural e cultura material, realiza diversas actividades complementarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á museografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comercio ilegal mediante o que se desprazan os tipos de drogas desde os diversos países en que se producen e elaboran ata os lugares onde se consomen. O comercio das substancias estupefacientes en case todos os países do mundo está penado con castigos de maior ou menor grao, incluso nalgúns países do Sueste asiático poden chegar ata a pena de morte. Adóitase penalizar o tráfico ou o seu comercio, pero non o seu consumo. Colombia, Perú e Bolivia son os grandes centros produtores de substancias narcóticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á nomografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á oceanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á oleografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á oligotrofia.

    2. Aplícase ao medio que ten poucas substancias nutritivas, como os lagos con pouca vexetación acuática, normalmente profundos, ou as rexións montañosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á opistografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Orfeo ou ao orfismo.

    2. Seguidor ou partidario do orfismo.

    3. Literatura que está baseada na significación mítico-relixiosa de Orfeo e no orfismo. Na literatura grega existen un conxunto de 87 himnos órficos, de autor descoñecido e, probablemente, do s IV, que invocan os deuses ou personaxes mitolóxicos. Na época moderna, a tradición órfica deu lugar a dúas grandes aventuras poéticas: Sonette an Orpheus (1923), de R. M. Rilke; e Elegies de Bierville (1943), de C. Riba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á organografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á orografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ortografía.

    2. Signo que, na correcta escritura da linguaxe falada, serve para transcribir a pronunciación, a intensidade e a distinción de certos sons, ademais da entoación, as pausas e os sentidos das frases. Os signos ortográficos son o acento, a diérese, os signos diacríticos e os diversos signos de puntuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á transformación ou representación dunha figura sobre unha superficie conservando a forma dos seus elementos infinitesimais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao oscilógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival fotográfico anual organizado desde novembro de 1983 por iniciativa da Casa da Xuventude de Ourense, baixo a coordinación de Benito Losada, director desta institución. Xurdiu co obxecto de introducir a cidade de Ourense nos circuítos artísticos e para promocionar as últimas tendencias fotográficas do momento, con especial interese nos traballos dos novos fotógrafos galegos. Ademais das mostras fotográficas, distribuídas nas distintas salas de casas de cultura, cafés, concellos ou museos que colaboraron na iniciativa, o programa deste evento incluíu cursos, saídas á rúa ou concursos que se desenvolveron nas 17 vilas e cidades e nas 55 entidades que traballaron na súa organización e promoción.

    VER O DETALLE DO TERMO