Outono Fotográfico
Outono Fotográfico
[IND/ARTE]
Festival fotográfico anual organizado desde novembro de 1983 por iniciativa da Casa da Xuventude de Ourense, baixo a coordinación de Benito Losada, director desta institución. Xurdiu co obxecto de introducir a cidade de Ourense nos circuítos artísticos e para promocionar as últimas tendencias fotográficas do momento, con especial interese nos traballos dos novos fotógrafos galegos. Ademais das mostras fotográficas, distribuídas nas distintas salas de casas de cultura, cafés, concellos ou museos que colaboraron na iniciativa, o programa deste evento incluíu cursos, saídas á rúa ou concursos que se desenvolveron nas 17 vilas e cidades e nas 55 entidades que traballaron na súa organización e promoción.