outono
outono
(< lat autumnu)
-
s
m
Estación do ano que segue ao verán e precede ao inverno. No hemisferio N, vai desde o solsticio de outono, o 22 ou 23 de setembro, ata o solsticio de inverno, o 21 ou 22 de decembro. No hemisferio S comeza o 20 ou 21 de marzo e conclúe o 21 ou 22 de xuño. Caracterízase polo descenso das temperaturas nas latitudes medias e altas.
-
s
m
Mes de outubro.
Sinónimos: outubro. -
s
m
Acción de botar os cereais.
-
s
m
Herba que nace no outono, en especial nos prados onde se recolleu a herba seca.
-
s
m
Período da vida en que comeza o declive cara á vellez.
Refráns
- Outono no souto e outono fóra do souto.
- Outono quente trae o demo no ventre.