"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Tarragona, Catalunya, (2.555 h [1996]). Función residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1859 foi nomeado deputado a Cortes polo partido de O’Donnell e en 1860 fiscal de Facenda da Audiencia de Madrid e fiscal de imprenta, cargos que desempeñou ata 1866. Ao triunfar a revolución de 1868, uniuse á política de Cánovas e converteuse nunha figura importante do partido liberal-conservador, chegando a ocupar os cargos de fiscal do Tribunal Supremo, Ministro de Gracia e Xustiza e Ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cargo que exerceu ata a súa morte. Ademais de traballar como avogado, diplomático e político, cultivou a poesía e colaborou na prensa do momento. Foi redactor dos xornais Diario Español e La Época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. En 1879 defendeu publicamente o socialismo de cátedra e a súa adhesión ao Krausismo no seu discurso reitoral El socialismo de cátedra. Difundiu a obra dos grandes economistas alemáns da época como Adolf Wagner e Albert Schäffte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta de transición entre a escola galaico-portuguesa e a poesía alegórico-dantesca italianizante. A súa vida e produción literaria esténdese ao longo dos reinados de Enrique II, Xoán I, Enrique III e Xoán II. Ligado dende sempre á Corte, acompañou a Fernando de Antequera cando se coroou como Fernando I de Aragón en Zaragoza no ano 1414. Empregou a poesía como medio de subsistencia, elaborando pezas en loanza dos seus protectores e mecenas (Álvaro de Luna, Fernando de Antequera ou Xoán II, entre outros). Tamén a vea satírica deixou bos exemplos na súa produción, como os ataques a Garci Fernández de Gerena, quen renegou da fe cristiá polo amor dunha moura. Os últimos estudios realizados sobre a súa obra distinguen dúas etapas poéticas, coincidentes coa evolución lingüística e literaria que se vive nesta época de transición (finais s XIV - comezos s XV), e que son resultado da convivencia e confrontación entre dúas concepcións distintas da poesía: na primeira fase, na que emprega maioritariamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizou estudios de Dereito e exerceu a súa carreira con notable éxito. Foi Director do Boletín Judicial de Galicia no que publicou algúns artigos. Pertenceu á Real Academia da Historia e colaborou na Historia de España de Lafuente. Escribiu obras relacionadas co dereito e a historia como Cuestión interesante sobre mejoras por razón de casamiento sin entrega de bienes (1861), Causa criminal contra don Ángel Casas (1869), Cuestión dinástica (1869) e Cuestión dinástica. Derecho del Sr. Duque de Madrid a la Corona de España, demostrado por la historia y las leyes. Colección de artículos del periódico católico-monárquico “La Paz” de Lugo contestando al alfonsino “El Eco de Galicia” (1873). Como poeta aparece o seu nome no Álbum de la Caridad, aínda que non se recolle ningunha composición súa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pisar e estrullar as plantas.

    2. Confundir obxectos de diversos tipos.

    3. Facer cousas mal feitas ou que non serven para nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Xapón, no mar de Amakusa, na parte nororiental do mar de China, ao SL da illa de Kyūshū. Comprende unhas setenta illas e illotes. Os seus principais recursos económicos son a pesca e o arroz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emir de Afganistán (1919-1929). Terceiro fillo de Ḥ ābib Allāh Khān, depuxo ao seu irmán, Na ṣ r Allāh, sucesor do seu pai, e tomou o poder (1919). Loitou contra o Reino Unido e logo asinou con este país o Tratado de Rāwalpindī (1919). En 1923 foi proclamado Rei. Os seus intentos de europeización provocaron a reacción dos ulemas, que promoveron revoltas que obrigarían a abdicar en 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter algo nun vurullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facerlle engurras a algo por falta de coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de ferro con forma de ese que vai colocada na parte interior das portas e ventás, utilizada ben para fechalas ou para mantelas entreabertas sen que o vento poida batelas.

    2. Corda de pequeno tamaño coa que se atan os cabos que forman a armazón nas redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Nome que recibiu a illa de Tahití ao pasar, en 1772-1776, ao dominio hispánico como consecuencia da expedición promovida polo Vicerrei de Perú, Manuel d’ Amat i de Junyent.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura ou engadido que se fai a unha cousa de pouca importancia ou sen obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou la Cala Concello do Baixo Ebro (67 km2; 4.341 h [1996]). A pesca é a actividade económica máis importante. Ten agricultura de secaño (oliveiras, alfarrobeiras e videiras). Destaca o sector do turismo. Na costa setentrional está o Castelo de Sant Jordi d’Alfama e a Torre da Áliga, xunto ao circuíto de Calafat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do Vallés Oriental ao N de Granollers (14 km2; 4.771 h [1996]). No sequeiro cultívanse cereais, videiras, oliveiras, abeleiras e amendoeiras. Lugar de veraneo e segunda residencia. Igrexa parroquial de Sant Genís. Nos Quatre Cantons, foi descuberto un sepulcro neolítico, nos Casalots hai restos dun poboado ibérico e, na saída de Torregrossa, restos da época romana. Ermida de Sant Nicolau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disparar metralla ou proxectís dunha arma metralladora contra algo ou contra alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Nome co que tamén se coñece o arquipélago das illas Tonga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas ao N das Lacadivas, no océano índico, na Unión India. As illas principais son Chetalatt, Kardamam e Kiltan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago coralino das Seicheles, no océano Índico, ao NL de Madagascar. As illas principais son Daros, Desneuf, Saint Joseph e Poivre. Foron descubertas no ano 1052 polo Almirante portugués Vasco da Gama. Desde o ano 1814 ata o ano 1976 pertenceron a Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suxeitar atando en monllos.

    VER O DETALLE DO TERMO