"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo de leite de vaca e de elaboración artesanal, natural dos concellos asturianos de Caso e Sobrescobio. O callado é enzimático e a pasta amásase e prénsase. A codia é lisa e amarela, e a pasta, dunha cor similar, é preta pero friable. O seu sabor é intenso, picante, con aroma a manteiga rancia e ten textura granulosa. A súa orixe parece moi antiga, ligada á produción do leite (especialmente graxo) da vaca de raza casina ou de raza pardoalpina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anta situada na parroquia de Armenteira (Meis) que forma parte do conxunto megalítico da fonte do Lagarto. Carece de mámoa, ten planta poligonal formada por seis chantas e un corredor orientado cara ao leste, do que se conserva unha única chanta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anta situada no concello de Maus de Salas, que forma, xunto coa Casola do Foxo, a necrópole de Maus de Salas. Durante a construción da presa trasladouse da súa localización orixinal. Carece de mámoa e a cámara ten planta poligonal. Está formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 2,85 m no eixe maior e 2,60 m no menor. Conserva dúas laxes do corredor, apoiadas no interior da cámara, dispostas ao longo de 0,75 m. No transcurso das escavacións, dirixidas pola arqueóloga Eguileta Franco, atopouse un enxoval composto por dúas pezas cerámicas de fondo plano, unha delas cunha lixeira carena e a segunda de forma globular co beizo saínte. Cronoloxicamente, pertence ao Megalitismo pleno.
-
-
-
Asociación cultural, recreativa e deportiva sen ánimo de lucro, similar aos clubs, centros, círculos ou ateneos. A maioría dos casinos fundáronse en Europa ao longo do s XIX seguindo o modelo dos clubs ingleses e normalmente asociados a determinados grupos sociais, profesionais ou políticos. Neles celebrábanse bailes, ciclos de conferencias, exposicións e actividades lúdicas e deportivas. No s XIX creáronse en Galicia os casinos de Lugo, Arzúa, Mugardos, Santiago de Compostela (1843), Vigo (1847), Ferrol (1850), A Coruña (1890) e Noia (1851). A principios do s XX fundáronse os casinos de Redondela e Verín (1900), aos que se sumaron os de Vilalba (1909), Xinzo de Limia (1912), As Pontes de García Rodríguez (1920), Carballo (1924), Vilasobroso (1924), Camariñas (1932), A Guarda (1932), A Rúa (1951) e Carballiño (1964).
-
Local onde se desenvolven actividades de carácter recreativo e cultural, convocadas polas distintas asociacións.
-
-
Establecemento de luxo, de carácter recreativo, autorizado oficialmente para a práctica de xogos de azar. A denominación xurdiu en Francia a finais do s XIX ao restrinxir o goberno o xogo aos casinos de determinadas estacións balnearias, termais ou climáticas. Pronto acadaron moita sona o Gran Casino de Montecarlo, os de Vichy e Deauville, e tamén se espallaron por Lido (Venecia), Donostia e Viña del Mar (Chile).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na cidade da Coruña en maio de 1987, redactada integramente en castelán, e que levaba o subtítulo de “Revista social del Casino de la Coruña”. Tiña como finalidade ofrecer información sobre o propio casino, ao tempo que insería artigos culturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica realizada por Martin Scorsese en 1995 e protagonizada por Robert de Niro, Sharon Stone e Joe Pesci. A acción transcorre nos casinos da cidade de Las Vegas durante a década dos anos setenta. Un delincuente xudeu, Sam Ace, controla o máis importante lugar de xogo da cidade. A aparición dunha prostituta que se interpón entre el e mais o seu gardacostas lévao á ruína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento, situado nun edificio contiguo ao Gran Hotel de La Toja, cunha ambientación interior de estilo propio dos inicios do século XX. É o salón de xogo máis representativo de Galicia.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Campo de Turia e na marxe esquerda do río Turia (2.292 h [1996]). A agricultura é de secaño e regadío, e a viña é o cultivo principal, ademais das ervellas de Ceratonia, as oliveiras e as amendoeiras. Ten certa importancia a gandería ovina e porcina, ademais da avicultura. En 1778 erixiuse a parroquia de Santa Bárbara.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e diplomático francés. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro do goberno francés no exilio. Representante de Francia na ONU (1946-1948 e 1950-1951), foi un dos redactores da Declaración universal dos dereitos humanos (1948). Delegado da UNESCO, chegou a ser presidente da Comisión de Dereitos Humanos da ONU (1955-1957). Escribiu diversos tratados de dereito e, en colaboración con R. Aron, Trente ans d’histoire, 1918-1948 (Trinta anos de historia 1918-1948, 1949-1950). En 1968 recibiu o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Membro do movemento Corrente, cultivou a temática feminina, principalmente retratos e maternidades. En 1946 formou parte da Nova Secesión Artística Italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de astrónomos franceses de orixe italiana. Destacou inicialmente Giovanni Domenico Cassini , ao que sucedeu no observatorio de París o seu fillo Jacques Cassini (París 1677-Thury, Clarmont 1756), o primeiro que mediu o arco do meridiano dende Dunkerque ata Perpignan (1713). O fillo deste, César François Cassini de Thury (París 1714-Thury 1784) herdou a dirección do observatorio e iniciou os traballos de levantamento do mapa topográfico de Francia, labor que acabou o seu fillo e sucesor no observatorio, Jacques Dominique Cassini (París 1748-Thury 1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Profesor de astronomía na Universidade de Boloña, en 1667 chamouno Colbert para ser director do observatorio de París. Entre 1671 e 1684 descubriu catro satélites de Saturno e a división do anel deste planeta que leva o seu nome (división de Cassini). Mediu os períodos de rotación de Marte e Xúpiter. Estudiou, tamén, o movemento dos satélites de Xúpiter e publicou unhas táboas aplicables á navegación. Determinou a paralaxe solar e foi o primeiro en considerar cientificamente o fenómeno da luz zodiacal. Publicou Opera astronomica (Obra astronómica, 1666).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Frosinone, no Lazio, Italia (32.664 h [1991]). Está situada ao pé dun outeiro onde se alza o mosteiro de Montecassino. Cidade de orixe volsca, no 312 a C foi conquistada polos romanos, que estableceron alí unha colonia. Desde o s IX estivo fortificada. En 1799 as tropas francesas saqueárona. Ata 1871 recibiu o nome de San Germano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos enzimas hidrolíticos intracelulares do grupo das endopeptidases, como a catepsina C e a D. As catepsinas localízanse en moitos tecidos, principalmente no fígado, nos riles e no bazo. Son as principais responsables da autólise post mortem dos tecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Distrito Central de Negocios é o centro financeiro, empresarial e administrativo dunha gran cidade. Caracterízase polo dominio do comercio e das actividades administrativas, de xeito que os inmobles dedicados a usos terciarios representan máis do 75% do espacio, mentres que as vivendas ocupan unha porcentaxe inferior ao 25%.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo provincial dos antigos sindicatos verticais do Estado español, vixente entre 1938 e 1976.
-
-
Ácido metaarábigo, un dos constituíntes da goma da cerdeira, da ameixeira e doutras árbores.
-
Cerebrósido no que o ácido graxo é o ácido lignocérico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de hidrocarburos de composición complexa, moi resistente á oxidación, que se emprega como substituto das ceras.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Trasmiras baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de acabado aplicado aos tecidos de algodón que consiste en facelos pasar varias veces pola calandra ata conseguir que presenten un tacto suave e brillo.