Cassino
Cassino
Cidade da provincia de Frosinone, no Lazio, Italia (32.664 h [1991]). Está situada ao pé dun outeiro onde se alza o mosteiro de Montecassino. Cidade de orixe volsca, no 312 a C foi conquistada polos romanos, que estableceron alí unha colonia. Desde o s IX estivo fortificada. En 1799 as tropas francesas saqueárona. Ata 1871 recibiu o nome de San Germano.