"toi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 199.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moito e deseguido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en San Vitoiro de Ribas de Miño (O Saviñao). Segundo un privilexio de 941 do Rei Ramiro II, foi fundado polo abade Veremundo Páez. A igrexa converteuse en parroquial e conserva a integridade da obra románica agás a sancristía, anexada no lado sur do presbiterio, e a espadana. Datada no s XII, ten nave e ábsida rectangulares e na fachada principal destaca a porta con tres arquivoltas en arco de medio punto, ademais de tres pares de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais e tímpano liso. A porta do muro norte tamén presenta arco de medio punto e dúas arquivoltas, con capiteis decorados.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido como conde de Rivarol, foi un personaxe apreciado e temido nos salóns literarios de París. Escribiu Discours sur l’universalité de la langue française (1784), premiado pola Academia de Berlín (1871), e o Discours préliminaire (1797) dun Nouveau Ditionaire de la langue francaise, que non se chegou a rematar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que se empregou a miúdo para designar xenericamente un gran conxunto de narracións novelescas medievais longas (ss XII e XIII), en verso ou prosa, en que predominaba a cortesía cabaleiresca e a ideoloxía do amor cortés, en oposición ao realismo ou ao popularismo. Dentro desta rúbrica colocáronse textos como as primitivas versións do Tristán en verso, as narracións de Chrétien de Troyes, e os extensos Lancelote e Tristán en prosa.
-
MONTES
Monte situado na parroquia das Maus (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e piloto francés. Piloto civil da sociedade Latécoére (1926), levou a cabo diversas misións, algunhas das cales lle inspiraron as primeiras novelas. Sufriu un grave accidente en 1937. Mobilizado durante a Segunda Guerra Mundial, en 1943 foi destinado a Sardeña. Trasladado a Córsega (1944), saíu en misión, onde morreu. Das súas obras destacan Vol de nuit (1931) e Le petit prince (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Partidario de M. de Robespierre, formou parte do Comité de Salvación Pública (1793-1794). Entregado á Revolución Francesa, reorganizou os exércitos do Rin e do norte e iniciou unha política de reformas sociais. Morreu guillotinado tras a Revolución Termidoriana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Seguiu a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo e, desde 1916, exerceu como mestre. Coñecedor das correntes pedagóxicas europeas renovadoras, destacou pola súa participación nas organizacións corporativas e de defensa profesional do maxisterio. Así promoveu a creación da Federación de las Asociaciones de Maestros Gallegos (1935). No ámbito pedagóxico publicou Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1925), Qué medios pueden ponerse en práctica para elevar la cultura general y profesional de los maestros actuales. Ponencia leída en el Congreso Pedagógico de Lugo de 1923 (1925), Puntos cardinales del pensamiento pedagógico contemporáneo (1927) e Colaboraciones sociales que la escuela precisa (1928). Tamén escribiu sobre temas históricos e de cultura galega: Capricho literario-apologético (1910), Por Galicia y por el arte (1920), Odoario o Lugo en el siglo VIII (1923) e Santuarios Gallegos: El Corpiño (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1789), sostivo a anexión de Córsega a Francia. Membro da Convención, máis tarde fíxose partidario de Napoleón I Bonaparte, que lle confiou varios cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Labio (Lugo). O seu cumio acada os 693 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Meda (Castroverde). O seu cumio acada os 685 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Vitoiro dividida entre os concellos da Merca e Allariz, onde ten a súa cabeceira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Vitoiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Político. Participou na toma da Bastilla (1789) e foi o principal dirixente do asalto ás Tulleries (1792). Comandante da garda nacional de París e, máis tarde, xeneral, foi o encargado da protección da familia real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Construtor de instrumentos belga. Coñecido como Adolphe Sax, perfeccionou co seu pai, Charles-Joseph Sax (1791-1865), diversos instrumentos de vento. Inventou o saxofón (1840) e os diversos instrumentos da familia dos saxhorns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión nacional dos xaponeses, denominada shinto (camiño dos deuses) en oposición á butsudbō (camiño de Buda). Hai un xintoísmo primitivo que se diferenza de moitas outras formas influídas polo confucianismo, o taoísmo e o budismo. Relixión basicamente animista ou politeísta, non ten fundador, escrituras, nin dogmas, pero si unha rica mitoloxía e un culto importante. A noción central é a pureza ritual e física, non moral. Ser impuro é o pecado (tsumi), que pode ser voluntario ou involuntario. O pecador ou contaminado recupera a pureza a través de diferentes ritos, como o harae (exorcismo), o misogi (ablución con auga e sal), o imi (tipo de profilaxe do pecado que consiste nunha abstinencia) e outros. Os documentos máis antigos, o Kojiki (Arquivos de cousas antigas) e o Nihongi (Anais de Xapón), tratan da historia mítica de Xapón a partir da data lendaria da fundación do imperio (660 a C), onde teñen un papel relevante os kami ou deuses, así como os heroes Izanagi e Izanami, a deusa...