"xil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 207.

    1. Estandarte cadrado de cor vermella, no antigo exército romano. Orixinariamente era o emblema da cabalaría lexionaria.

    2. Estandarte, bandeira ou emblema militar. 

    3. estandarte. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estuda todo o que fai referencia ás bandeiras. OBS: A primeira grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou fotografando os seus compañeiros de traballo e logo profesionalizouse en Catalunya, no estudo de Julio Pallí. De volta a Soutelo (1955) fíxose con numerosos clientes da comarca, desprazándose polas aldeas para facer retratos de vodas, velorios, comuñóns ou do DNI. A súa obra caracterizouse pola naturalidade e a dignidade das poses, e unha coidada escenografía no exterior, en que introducía todo tipo de elementos (coches, animais ou fondos vexetais). Con preferencia polo branco e negro, na década de 1970 introduciu a cor e fotografou escenas cotiás, labores agrícolas e actos sociais. Abandonou a fotografía en 1980. A súa obra reflicte a evolución da sociedade da época, o mundo da emigración e as súas consecuencias en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Publio Virxilio Marón ou á súa poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Virxilio Fernández Cañedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romano. Estudou en Cremonium (Cremona), Mediolanum (Milán) e Roma (54 a C). Presentouse dentro dos ambientes máis ilustres como un campesiño fiel ás súas orixes, amigo da sinxeleza e da soidade, modesto e de espírito sensible, con certo pesimismo e simpatía que estendeu a toda a natureza. Parece ser que non sentía interese pola oratoria, pois prefería a compañía dos filósofos, como Platón, Pitágoras ou os epicúreos, e dos poetas. Pódese percibir a súa precocidade como poeta nalgunha peza da compilación coñecida como Appendix Vergiliana (título dado no s XVI ao conxunto das súas obras menores). Cara ao ano 48 a C trasladouse a Nápoles, preto do filósofo epicúreo Sirón. Ao morrer este, Virxilio volveu ao seu país nativo (44 a C), onde se relacionou con G. Asinio Polión. Tras a confiscación de terras decretada en favor dos veteranos de Octavio (43 e 40 a C), quedou sen as súas terras, abandonou a súa provincia e instalouse en Roma, onde xa se introducira no círculo de Mecenas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Vergilius ou Virgilius, nome dunha gens romana, probablemente en relación con vergo ‘inclinar, declinar (un astro)’, de onde veñen as Vergiliae, que aparecen contra o remate da primavera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vixiar.

    2. Servizo que se establece para vixiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vixía.

      1. Persoa que se dedica profesionalmente a vixiar e velar pola seguridade de algo ou alguén.

      2. vixilante nocturno

        Funcionario que pola noite se encargaba de vixiar nas cidades para evitar roubos. Compartía a tarefa cos serenos, e estes dous corpos desapareceron en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estar alguén en vela pola noite sen durmir.

    2. Cada un dos catro períodos de tres horas nos que antigamente se dividían as doce horas da noite, desde antes da posta de sol ata a chegada da alba. De orixe militar macedonio, foi adoptada polos romanos, e indicou primeiramente cada unhas das quendas de garda nocturnas, en contraposición aos excubiae ou gardas diúrnas.

      1. éspera, sobre todo a noite, das festas importantes do ano litúrxico, que gozaban dun oficio propio e algúns de misa propia.

      2.   Xaxún que se fai o día anterior a unha festa litúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (537-555). Acompañou a ; Agapito I en 536 a Constantinopla para pedirlle a Xustiniano que reconquistara Italia dos godos. Alí morreu o papa e a Emperatriz Teodora axudouno para que o sucedese, pero o godo Teodato elixiu a Silverio. Cando chegou a Roma (537) destituíu a Silverio e converteuse en papa. O seu indeciso parecer sobre a cuestión dos Tres Cabidos provocou a ruptura co seu apocrisiario (máis tarde Pelaxio I) e o Cisma de Aquilea, que afastou de Roma a diversos bispos de África, Dalmacia, Galia, Liria e Italia setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘fame’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Meaño baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antropónimo masculino que procede do francés Gilles, do latín tardío Aegidius, testemuñado a partir do s V e probablemente de orixe grega. Para algúns vén do grego aigidion ‘cabuxo’, diminutivo de aíx, aigós ‘cabra’, mentres que para outros pode provir do grego aigis ‘tempestade’ ou de aigidos ‘escudo’. Outra hipótese faino proceder de Aigidion, ‘fillo do Exeo’. Presenta a variante Exidio.

    2. Apelido que trae por armas, en campo de goles, unha torre de prata, aclarada de sable, sinistrada de ouro de oito raios, mal ordenados, torre e león sostidos de ondas de prata e azul na punta. Outra variante trae, en campo de azur, unha torre de ouro, superada de tres flores de lis, do mesmo, colocadas en faixa e surmontada a do medio dunha cruz grega de ouro. Outra, de ouro, con dous leóns de azul, afrontados e surmontados de tres crecentes de goles, ranversados, colocados en faixa en xefe. Outra, de azul, con tres faixas de prata. Outra, de prata, cunha aciñeira de sinople superada dun luceiro de ouro no centro do xefe. Outra, de prata, con dous leóns da súa cor, colocados en pau, bordo de azul, cargado de oito crecentes de prata. Outra, de prata, con cinco estrelas de azul, colocadas en aspa. Outra, de azul, cun castelo de ouro mazonado de sable, acompañado de dúas estrelas de ouro, unha en cada cantón do xefe. Outra, de goles, cun castelo de ouro, sostido de ondas de prata e azul, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Abade en San Martiño de Castañeda, retirouse ao mosteiro de Casaio (Carballeda de Valdeorras). A súa festividade celébrase o 1 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. De nome José Antonio Gil Ríos, especializouse en música lixeira galega. Compuxo cancións como “A rapaciña galega”, “Non viviría sen ti”, ou “Xirarei”, e gravou os discos De Carallada (1987), Meu País (1999), O Mellor de Xil Ríos (1999) ou O Bailador (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘madeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eremita. Relixioso beneditino, na súa peregrinación a Roma foi ferido por Vamba, cando estaba de cazaría, que mandou construír un mosteiro co seu nome (Saint-Gilles) nunha das vías do Camiño de Santiago. Iconograficamente representouse cun hábito branco de peregrino e con báculo abacial. Protexe a unha fera e o seu brazo está atravesado por unha frecha. A súa festividade celébrase o 1 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de roupa mourisca masculina que consiste nun manto longo dotado de mangas e carapucha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do francés Gilbert, de orixe xermánica, quizais composto de gisil, de gaira ‘frecha, dardo’, e berht ‘célebre, ilustre’, ‘arqueiro célebre’, ou de will-berth ‘vontade ilustre’.

    VER O DETALLE DO TERMO