vixilia

vixilia

(< lat vigilia)

  1. s f

    Acción de estar alguén en vela pola noite sen durmir.

  2. s f [HIST]

    Cada un dos catro períodos de tres horas nos que antigamente se dividían as doce horas da noite, desde antes da posta de sol ata a chegada da alba. De orixe militar macedonio, foi adoptada polos romanos, e indicou primeiramente cada unhas das quendas de garda nocturnas, en contraposición aos excubiae ou gardas diúrnas.

  3. s f [RELIX]
    1. éspera, sobre todo a noite, das festas importantes do ano litúrxico, que gozaban dun oficio propio e algúns de misa propia.

    2.   Xaxún que se fai o día anterior a unha festa litúrxica.

Palabras veciñas

vixiar | vixilancia | vixilante | vixilia | Vixilio | vixintivirato | vixintiviro