"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Que se pode evaporar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aporización dun líquido na superficie que o separa da fase gasosa coa que se atopa en contacto. A evaporación débese á axitación térmica das moléculas do líquido e ten lugar mentres a presión parcial destes compoñentes na fase gasosa é inferior á presión de saturación. Industrialmente, aplícase a evaporación á concentración de solucións, eliminando unha parte do disolvente (xeralmente auga), para a obtención de substancias orgánicas de produtos naturais, para a separación de substancias que se obteñen por reaccións químicas en solución ou ben existentes en solucións naturais, para a conservación de produtos orgánicos ou, simplemente, para obter unha solución máis concentrada. A evaporación ten lugar nuns aparatos denominados evaporadores, e distínguese a evaporación de efecto simple, cando o paso da solución polo evaporador representa a operación completa, e a evaporación de efecto múltiple, cando se divide a operación en diversas fases en cada unha das cales se emprega...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evapora.

    2. Aparato que se emprega na concentración de solucións por evaporación do disolvente. Fundamentalmente ten a estrutura dun intercambiador de calor, tubular ou con camisa de vapor. Para as substancias termicamente inestables empréganse os evaporadores de película axitada, nos que se distribúe o líquido pola superficie de calefacción mediante un axitador, co fin de aumentar a transmisión de calor e obter unha maior evaporación cun pequeno aumento de temperatura e un reducido tempo de paso polo aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter un líquido en vapor.

    2. Facer desaparecer algo.

    3. Converterse un líquido en vapor.

    4. Desaparecer algo ou algúen sen ser notado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce evaporación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir a intensidade de evaporación atmosférica. Consta fundamentalmente dun recipiente plano, de sección coñecida, que se pesa a intervalos iguais de tempos para determinar a cantidade de líquido que se evapora por unidade de superficie e de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo xeral que designa as rochas sedimentarias formadas por depósitos ricos en cloruros e sulfatos alcalinos. A precipitación destes sales é resultado da súa concentración, por evaporación intensa de masas de auga (lagoas litorais, mares interiores, etc). As principais evaporitas son o xeso, o sal e a anhidrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suma total da auga perdida por evaporación no solo e transpiración das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral de pensamento e cultura aparecida en outono de 1994 en Iria Flavia (Padrón). Editada pola Fundación Camilo José Cela e dirixida polo propio escritor ata a súa morte, acontecida o 17 de xaneiro de 2002, dedícase á difusión da literatura e da cultura en xeral. Dividida nas seccións “El émbolo de Descartes”, “El rayo y la esperanza”, “La lumbre y el amor” e “Las cartas sobre la mesa”, entre outras, recolle textos, ensaios ou poemas de distintas procedencias e inéditos en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está fóra ou á marxe do Parlamento, especialmente un grupo político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está fóra das vías piramidais.

    2. Conxunto de transtornos provocados pola alteración do sistema extrapiramidal. Son principalmente hipertonías musculares ou alteracións na regulación dos movementos involuntarios e automáticos.

    3. Complexo situado no cerebro e formado polos núcleos grises motores e por fibras nerviosas aferentes e eferentes. Localízase nas rexións subtalámicas e por baixo da codia cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi plano ou de moi pouco grosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extrapolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estender algo, polo xeral ideas, fóra dos límites nos que se xeraron.

      2. Sacar as palabras fóra do seu contexto para lles dar un sentido diferente.

    1. Prolongar unha lei ou función fóra dos límites onde está determinada, co obxecto de predicir resultados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da farmacoloxía que estudia o mecanismo de acción das substancias medicinais para poder empregalas en terapeútica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Farrapo de neve.

    2. Manta caseira que se fai con anacos de teas diferentes de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou morea de farrapos.

    2. Precipitación de neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer a neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manta que se fai con anacos de teas de diferentes cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen está vestido con farrapos e pouco aseado.

    2. Persoa que compra e vende farrapos ou trapos vellos.

    VER O DETALLE DO TERMO