"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Lorenzo Varela, os seus primeiros anos transcorreron entre Cuba e Arxentina. Regresou á Península e na súa xuventude participou, xunto con Ramón Piñeiro, na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas, en Lugo. En 1935 trasladouse a Madrid para estudar filosofía e letras, foi membro das Misións Pedagóxicas e colaborou no diario El Sol e, con outros intelectuais galegos, no grupo de Poetas Andantes e Navegantes (PAN). Afiliado ao Partido Comunista, durante a Guerra Civil Española comandou unha brigada, ademais de participar na redacción das revistas Hora de España e El Mono Azul, ata que se exiliou forzosamente en Francia e, posteriormente, en México (1940). Alí fundou e codirixiu a revista Romance e colaborou en Taller, dirixida por Octavio Paz. En 1941 estableceuse en Bos Aires e fundou, con A. Cuadrado e L. Seoane, Correo Literario; ademais colaborou con outros medios, como De Mar a Mar, La Nación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador e debuxante. Coñecido pola súa intensa actividade artística, practicou a fotografía, a escultura e o cartelismo. Foi un dos grandes animadores do cineclub en Galicia desde a directiva do Club Cultural Valle-Inclán, un dos máis activos participantes das Xornadas do Cine Galego de Ourense e do intento de produción que foi Nós Cinematográfica Galega. Comprometido co nacionalismo galego, concibiu o cine como un soporte para a actividade política combativa e rexistrou cunha cámara súper 8 moitos dos conflitos que sacudiron a sociedade galega nos anos da Transición, como As Encobas (1977), A loita contra a cuota agraria na Terra Chá (1977) e O 25 de xullo (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou a súa andaina profesional no campo da pintura para, en 1988, dedicarse plenamente á fotografía. Especializado en imaxes da natureza e preocupado polo medio natural, realizou diversas reportaxes sobre as catástrofes do Mar Exeo (1992) e Prestige (2002). Co tempo diversificou a súa produción para centrarse tamén noutros aspectos da realidade de Galicia, como a súa etnografía e tradicións, a arte, os oficios, a pesca e o marisqueo. Colaborador de diversas publicacións periódicas en España, como Foto Profesional, Natura e El País Semanal; en Francia, como Chausseur d Images; e en EE UU, como Outside, traballou no apartado gráfico da Enciclopedia Galega Universal (EGU) e do Proxecto Galicia de hércules Ediciones. Participou na edición dos libros Natureza sen fronteiras (1999), Os muíños (1999) e A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia (1999). Recibiu máis de cen premios fotográficos, dos que destacan o 2º premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo Fernández Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das pólas dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Coñecido como Varenius, estudou medicina en Kaliningrad e en Leiden, pero dedicouse especialmente á redacción de obras de xeografía, como Descriptio regni Japoniae (1649) e Geographia generalis (1650).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte curva da caderna dunha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernhard Varen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tentativa de evasión de Luís XVI de Francia, disfrazado de maiordomo, e da familia real na noite do 20 ao 21 de xuño de 1791, tras o triunfo da Revolución Francesa. Recoñecido por J. B. Drouet, Luís XVI foi devolto a París coa súa familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de varear.

    2. Época de varear as castañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Lombardia, Italia (82.282 h [2001]). É un núcleo industrial e un centro comercial, situado na beira do lago do mesmo nome, na zona prealpina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Lombardia (1.199 km2; 814.055 h [2001]). A súa capital é Varese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara ou cana que se usa para pescar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor húngaro. Foi alumno da Bauhaus de Budapest (1928-1929). Estableceuse en París, onde a partir do estudo da obra de Kandinskij e de Mondrian comezou a crear o novo movemento, que proseguía a obra de Mondrian e de Malevič. Coa súa obra teórica e coa súa plástica cinética negou toda a pintura tradicional e renovou a arte actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Xavier Queipo, na súa obra evolucionou desde un estilo áxil, que mestura elementos fantásticos e irreais con intriga e ambientes exóticos, ata un estilo máis firme en canto á densidade dos contidos e o ritmo narrativo, no que analizou dun xeito máis profundo o ámbito do amor e das relacións na parella. Da súa produción destaca Ártico e outros mares (1990, Premio de la Crítica Española), a colección de relatos Ringside (1993), Contornos (1994), Diario dun nómada (1993), O paso do noroeste (1996, Premio Manuel García Barros), Mundiños (1997), Manual de instrucións (1999), Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e O ladrón de esperma (2002, Premio Café Dublín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, III conde de Pallares. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897), deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872), vitalicio desde 1877. Fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El eco de Galicia (1872). Recibiu, entre outros galardóns, as cruces de Carlos III e Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO