"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • DISTRITOS

    Distrito de Serra Leoa, situado na provincia Setentrional (7.003 km2; 243.051 h [1985]). A súa capital é Magburaka (17.000 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudita. Coñecida como a marquesa de Châtelet, está considerada como unha das mulleres máis destacadas das ciencias do s XVIII. Naceu no seo dunha familia nobre e desde pequena relacionouse con personaxes eminentes da intelectualidade francesa. En 1725 casou co marqués de Châtelet, con quen tivo tres fillos. Mantivo unha longa relación sentimental con Voltaire, algo que se reflectiu no pensamento do sabio. Impulsou os intereses da ciencia, especialmente a difusión das ideas de Newton en Francia. En 1734 participou na elaboración dos Elements de la philosophie de Newton, publicados por Voltaire en 1738. En 1737 comezou a escribir as Institutions de Physique, un novo tratado sobre esa materia destinado a substituír outro, de 1671, que ignoraba a física newtoniana. O traballo de maior esforzo e que máis contribuíu á súa gloria foi a tradución ao francés da obra de Newton Philosophiae naturales principia Matematica, que comezou en 1744 e rematou pouco antes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas anuais, da familia das apiáceas, con follas pinnadas, flores en umbelas e froito oval. En Galicia pódense atopar as especies T. nodosa e T. arvensis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de tranquilo.

    2. Estado de sosego absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que tranquiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tranquiliza.

    2. Medicamento que se emprega no tratamento das psicoses e neuroses e produce tranquilidade emocional e relaxación sen provocar hipnose nin sedación importante. Os tranquilizantes poden ser maiores, utilizados como terapéuticos das psicoses graves; ou menores, empregados como drogas de elección nas neuroses e especialmente nos estados de ansiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer sentir unha sensación de tranquilidade e sosego a alguén.

    2. Experimentar unha sensación de calma e sosego despois de pasar un estado de excitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de transmutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos traquilinos.

    2. Cnidario da orde dos traquilinos.

    3. Orde de cnidarios, da clase dos hidrozoos, que está integrada por especies unicamente con organización de medusa. As medusas dos traquilinos, relativamente grandes con relación ás dos outros tipos de hidrozoos están provistas de veo, tentáculos, e estatocistos e gónadas na base da cavidade gástrica. Habitan xeralmente nas augas mariñas, pero tamén as hai de auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo noveno concilio ecuménico que celebrou 25 sesións durante os anos 1545-1547, 1551-1552 e 1562-1563, baixo os pontificados de Paulo III, Xulio III e Pío IV, que enviaron como legados, sucesivamente, aos cardeais Del Monte, Cervini e Pole; Crescenzi e os bispos Pighino e Lippomani; e os cardeais Gonzaga, Seripando, Hosius, Simonetta, Hohenems, Morone e Navagero. Clemente VII obrigouse a convocalo na Paz de Barcelona (1529), pola que se comprometía a coroar a Carlos V emperador. Paulo III convocouno en Mantua (maio de 1537), e despois en Vicenza (outubro de 1537), pero a escasa presenza episcopal e a negativa luterana a participar nel atrasaron a súa inauguración, ata que en 1539 foi definitivamente adiado. Finalmente foi escollida como sede a cidade de Trento, que a pesar de formar parte do Imperio era considerada italiana. Tras fracasar unha primeira convocatoria (1542) e adiarse unha segunda (1545), finalmente, e a pesar do escaso número de asistentes, 25 bispos, inaugurouse o 13...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ciclo de Krebs.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito ou expresado en tres linguas.

    2. Que fala ou se desenvolve con facilidade en tres linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • 2,4,6-trinitrotolueno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Característica da estrutura léxica das linguas semíticas segundo a que as diversas raíces das palabras constan basicamente de tres fonemas (expresados por tres letras consonánticas), ás que se engaden outros fonemas para constituír as outras formas gramaticais e léxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está formado por tres letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura elemental en forma de portal constituída por tres pedras, dúas verticais cravadas no chan e a terceira colocada horizontalmente sobre estas como arquitrabe.

    2. Monumento megalítico formado por dous bloques de pedra verticais fincados na terra que sosteñen un elemento horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Antiga cidade de Asia Menor situada nos territorios de Tróade, preto do estreito dos Dardanelos (actualmente, o alto de Hisarlik, Turquía). Considerada durante moitos séculos como unha invención de Homero, a súa existencia real demostrouse a finais do s XIX, cando a descubriu H. Schliemann. Atopáronse os restos dunha cidade que correspondía, cronoloxicamente, á época micénica. Quedou así demostrada a historicidade da Guerra de Troia cantada por Homero. Pénsase que a destrución da cidade está en íntima relación coa caída do Imperio Hitita ao redor do s XIV a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de ferro, de fórmula FeS, que cristaliza no sistema hexagonal e se atopa en certos meteoritos.

    VER O DETALLE DO TERMO