"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Acción e efecto de intercalar ou intercalarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer entre os elementos ou termos dunha serie algún elemento novo.

    2. Introducirse unha cousa dentro dunha serie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se intercala.

      1. Día que se engade ao final do mes de febreiro nos anos bisestos.

      2. Día sen febre entre os días que se padece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode intercambiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que intercambia ou que serve para intercambiar.

    2. Aparato empregado para transmitir calor dun fluído a outro que está a temperatura inferior. Estes circulan manténdose separados por unha parede dun material bo condutor. A disposición máis tradicional consiste en dous tubos concéntricos, un condutor do fluído quentador, e o outro do quentado. Non obstante , o máis corrente é que o aparato dispoña dun corpo cilíndrico de material termicamente illante, que contén no interior un grupo de tubos de material bo condutor; un fluído circula polo interior destes, e outro é conducido directamente polo corpo do aparato.

    3. Substancia insoluble en agua que contén ións lábiles capaces de ser intercambiados por outros ións con carga do mesmo signo, presentes nunha solución acuosa coa que entra en contacto, sen que teña lugar ningún cambio físico maior na súa estrutura. Segundo os ións lábiles sexan positivos ou negativos, os cambiadores son catiónicos ou aniónicos, respectivamente. Coñécense de orixe natural, pero na actualidade os máis empregados son de natureza sintética. Os cambiadores iónicos posúen unha estrutura reticular tridimensional e grupos funcionais ionizables que reteñen por atracción electroestática os ións intercambiables. A forza ácida ou básica destes grupos determina o comportamento do cambiador, que está condicionado tamén pola dimensión media dos poros do retículo. O cambiador soamente é eficaz en condicións en que os seus grupos activos sexan ionizados. Iso fai que os cambiadores fortemente ácidos ou fortemente básicos actúen nun campo moi amplo de valores de pH; os que conteñen grupos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar unha cousa ou persoa e recibir outra a cambio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de intercambiar.

    2. Cambio ou permuta de bens e servicios que realizan dúas ou máis persoas, sociedades ou entes entre si.

    3. Fenómeno que, por efecto da turbulencia, ten lugar entre dúas masas de aire. Teñen especial importancia os intercambios de calor, de humidade e de cantidade de movemento.

    4. Acto diplomático constituído por dous ou máis documentos que se dirixen mutuamente aos representantes de dous gobernos. As notas teñen por finalidade constatar o acordo ao que se chega despois dunha negociación previa.

    5. Proceso quimicofísico segundo o cal, ao porse en contacto unha solución iónica cun composto inmiscible de constitución axeitada, que se denomina intercambiador iónico, prodúcese a fixación neste dos catións ou dos anións de dita solución, co cambio, respectivamente, de cantidades equivalentes de catións ou de anións, procedentes do intercambiador, que son liberados do seu retículo e pasan á solución. O intercambio pode ser catónico ou aniónico, segundo o signo da carga dos ións intercambiados. Na práctica, póddese levar a termo o proceso de intercambio iónico segundo dúas técnicas diferentes: operación en baños discontinuos e operación por percolación en columna. Na primeira, engádese unha cantidade de intercambiador na solución e trátase e axítase ata que alcanza o equilibrio entre as dúas fases, de xeito que o intercambio non é nunca total. Pode chegar a selo na operación por percolación en columna, posto que a solución que flúe ao longo dunha columna chea de...

    6. Substitución mutua de átomos dun mesmo elemento, entre dúas moléculas, pero isotopicamente diferentes. HD + H 2 O ⇋ H 2 + HDO. O emprego de trazadores puxo en evidencia a espontaneidade das reaccións de intercambio isotópico.

    7. Fenómeno fisicoquímico de carácter fundamental que consiste no movemento ou permutación, non resoante, de electróns solitarios e cargas positivas ou negativas, de forma intramolecular, en determinado tipo de substancias orgánicas fortemente cloradas.

    8. Fenómeno que consiste nun cambio entre segmentos equivalentes dunha parella de cromosomas e, polo tanto, de material xenético. Este fenómeno ten lugar durante o entrecruzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar ben ou facer as xestións necesarias diante dunha persoa en favor doutra.

    2. Pregar a Deus a prol de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado entre células.

    2. Substancia fundamental constituída por un líquido mucoide e viscoso que hai entre as células dos tecidos embrionarios e que se vai diferenciando ata adquirir unha estrutura fibrilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • interceptación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de interceptar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apoderarse dunha cousa impedindo que chegue ao seu destino ou destinatario.

    2. Obstaculizar ou impedir que algo ou alguén continúen o seu traxecto.

    3. Incluír algo entre outros elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que intercepta.

    2. caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de interceder.

    2. Asunción dunha responsabilidade patrimonial propia en interese exclusivamente alleo.

    3. Acto de unirse a un debedor para facer fronte á obriga da débeda ou, de acordo co acredor, substituílo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen intercede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase de repouso entre a primeira e a segunda división meiótica. Durante este estado non hai duplicación cromosómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está partido pola metade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que comprende dúas ou máis clases sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óso en forma de placa, situado en posición ventral e media, sobre o que se fixan os extremos das clavículas. Propio dos vertebrados terrestres primitivos, persiste en moitos réptiles e nalgúns mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   código alfabético internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO