"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Actor estadounidense. Coñecido como Alan Ladd, comezou a actuar a principios da década de 1930 con pequenos papeis en obras teatrais de produción local, espectáculos de radio e filmes de serie B de estudios independentes. Saltou á fama cun pequeno papel en Citizen Kane (1941) de Orson Welles, e ademais protagonizou os filmes The Black Cat (1941), Saigon (1948), The Great Gatsby (1949), Shane (1953), The Proud Rebel (1958), One Foot in Hell (1960) e The Carpetbaggers (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo piso (e idade) do Triásico Medio, situado sobre o Anisiano e baixo o Carniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Ladiniano.
-
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1077-1095), fillo de Bela I. Sucesor do seu irmán Xeza I, acabou de cristianizar Hungría e limitou a influencia da aristocracia. Entre 1091 e 1095 anexionou Eslovenia e Croacia, onde fundou o bispado de Zagreb. Canonizado en 1192 por santo Estevo de Hungría e santo Emerico, a súa festa celébrase o 27 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.
-
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1272-1290), fillo e sucesor de Estevo V. Mantivo diversas loitas internas entre as faccións da nobreza, que o levaron á perda da súa hexemonía nos Balcáns e en Galitsia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Iniciou a súa carreira na compañía de María Guerrero, onde destacou como intérprete de diversas obras de Jacinto Benavente e onde iniciou unha longa traxectoria profesional. Foi unha das primeiras actrices españolas en ser convidadas a traballar en Hollywood.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador neerlandés. Coñecido como il Bamboccio, residiu en Roma (1526-1628), onde coñeceu a N. Poussin e Le Lorrain. Influído por Caravaggio, creou o tipo de pintura de xénero chamada bambochada. Das súas obras destacan O repouso durante a cacería e A partida do hostal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na escola de debuxo de Molenbeck e na Académie Royale des Beaux-Arts de Bruxelas. Expuso por primeira vez no Cerlce Voorwaarts en 1891. Enfermo desde neno, a súa obra manifestou unha visión pesimista da vida. Destaca Véspera da Folga (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Secrecion sebácea solidificada das glándulas de Zeis, situadas póximas ás pestañas, que se forma nos bordos das pálpebras do ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lagañoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moitas lagañas.
-
RIOS
Río da vertente atlántica. Nace na Lagoa Mol (A Retorta), no límite entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Cabral (Vigo). O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que atravesa as parroquias viguesas de Lavadores, Sárdoma (onde recibe o seu principal afluente, o Eifonso, que baixa de Beade), Castrelos (onde aflúe o Barxas), Matamá, Santo André de Comesaña, Navia e Coruxo. Desemboca na ría de Vigo, no límite entre estas dúas últimas parroquias, despois dun percorrido de 14 kms. Na súa desembocadura forma unha xunqueira ao S da praia de Samil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico. Formado en Tarragona e en València, onde estudiou medicina, foi a Madrid a estudar botánica. Colaborou nos Anales de Ciencias Naturales. Durante a Guerra da Independencia exerceu como médico militar e publicou, en Orihuela, os primeiros fascículos das Amenidades naturales de las Españas. Rematada a guerra, foi nomeado director do Real Jardín Botánico de Madrid. Durante o Trienio Constitucional foi deputado e tivo que exiliarse en Londres, onde foi profesor do Ateneo Español e se fixo membro da Linnean Society. Entre 1826 e 1828 publicou no Gardener’s Magazine diferentes descricións dos xardíns botánicos españois do seu tempo. Amnistiado en 1834, reintegrouse ao seu cargo de director do Real Jardín Botánico e en 1837 foi nomeado director do Museo Nacional de Ciencias Naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (7.210 km2; 325.000 h [estim 1982). A súa capital é Mehtar Lam (4.200 h [estim 1982]).
-
GALICIA
Relixioso. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Teoloxía (1912), en 1908 recibiu a Sagrada Orde do Presbiterado. Desde ese ano exerceu como docente no seminario de La Habana. Foi cóengo da catedral de La Habana, fiscal eclesiástico e xuíz sinodal da diocese. Pola súa defensa da Igrexa, Benedicto XV nomeouno camareiro secreto, co título de monseñor, e Pío XI, prelado romano (1922). Foi membro fundador da asociación protectora da Real Academia Galega, institución da que foi membro correspondente. Destacan as obras Una leyenda que se esfuma e Palabras pronunciadas...en la iglesia de San Francisco de Pontevedra el día 13 de julio de 1938: fecha de aniversario del vil asesinato del mártir de la patria Excmo. Sr. D. José Calvo-Sotelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Lector xeral en Sagrada Teoloxía, foi catedrático en Santiago de Compostela. Foi custodio, ministro provincial e visitador da provincia de San Gregorio de Filipinas. En 1952 ingresou na Orden Civil de Alfonso X el Sabio, con categoría de encomenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Burgo de Osma (1909-1916) e Tui (1916-1923), e arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925). Doutor en Teoloxía, foi membro da Xunta Rexionalista de Tui e participou nos Xogos Florais celebrados en 1891. Posuía unha boa formación clásica e interese pola investigación histórica e a paleografía. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Escribiu Calabazas e El nombre de Jesús. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filatélico. Dedicouse á investigación da historia postal de Galicia e xuntou coleccións galardoadas en numerosas exposicións e campionatos internacionais. Membro fundador e bibliotecario da Federación Española de Sociedades Filatélicas, socio fundador, secretario e presidente do Grupo Filatélico de Vigo, foi presidente do Club Filatélico y Numismático El Castro. Escribiu Prefilatelia de Vigo 1716-1849: apuntes históricos postales (1995), Numismática y medallística de Vigo (1997?) e Carlos Gardel, entorno histórico y filatélico (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1939-1943). Ampliou a súa formación con sendas bolsas para estudar en El Paular (Segovia, 1943) e na École des Beaux-Arts de París (1945). Durante a década de 1940 realizou unha pintura próxima á escola de París e cultivou a paisaxe, o retrato e a figuración, co emprego dunha variada gama cromática de amarelos, azuis, verdes e grises. Comezou a participar en mostras colectivas, entre outras, na Bienal de Venecia de 1947, no Salón dos Once de 1949 e nas exposicións da galería Buchloz (1947-1954). En 1950 realizou uns murais para a Feria del Campo de Madrid, onde comezou a aparecer a abstracción, que desenvolveu na década de 1950. En 1951 instalouse definitivamente en París. As primeiras abstraccións caracterizáronse pola xeometrización e o cromatismo e polo paulatino aumento da presenza da liña e da planimetría. A mediados desa década mostrou un maior monocromatismo, con...
VER O DETALLE DO TERMO