Lagasca Segura, Mariano

Lagasca Segura, Mariano

Médico e botánico. Formado en Tarragona e en València, onde estudiou medicina, foi a Madrid a estudar botánica. Colaborou nos Anales de Ciencias Naturales. Durante a Guerra da Independencia exerceu como médico militar e publicou, en Orihuela, os primeiros fascículos das Amenidades naturales de las Españas. Rematada a guerra, foi nomeado director do Real Jardín Botánico de Madrid. Durante o Trienio Constitucional foi deputado e tivo que exiliarse en Londres, onde foi profesor do Ateneo Español e se fixo membro da Linnean Society. Entre 1826 e 1828 publicou no Gardener’s Magazine diferentes descricións dos xardíns botánicos españois do seu tempo. Amnistiado en 1834, reintegrouse ao seu cargo de director do Real Jardín Botánico e en 1837 foi nomeado director do Museo Nacional de Ciencias Naturales.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Encinacorba, Aragón

  • Deceso

    Lugar : Barcelona